ARROXO: "SEGUIMOS A COLABORAR CO TECIDO ASOCIATIVO DA CIDADE, GARANTINDO QUE TODA A VECIÑANZA POIDA DESFRUTAR DE DISTINTAS ACTIVIDADES AO LONGO DO ANO"
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro asisten á festa de fin de curso de Augas Férreas, organizada pola Asociación Veciñal do barrio
Arroxo: "Seguimos a colaborar co tecido asociativo da cidade, garantindo que toda a veciñanza poida desfrutar de distintas actividades ao longo do ano"
A Tenencia de Alcaldía reafirma deste xeito a colaboración cos barrios e zonas periurbanas, gardando un orzamento de máis de 20.000€ para as distintas festas de barrios e parroquias
Lugo, 22 de xuño de 2024. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado de concelleiras e concelleiros das distintas áreas da Tenencia de alcaldía, visitou a praza de Augas Férreas, onde a asociación veciñal do barrio organiza hoxe unha festa de fin de curso con actividades de lecer para as nenas e nenos do barrio.
Rubén Arroxo afirmou que a Tenencia de Alcaldía da unha especial importancia á colaboración "co tecido asociativo da cidade, garantindo que toda a veciñanza poida desfrutar de distintas actividades ao longo do ano". O Goberno de Lugo, a través da Área de Cultura, ten reservador máis de 20.000 euros nos seus orzamentos para que as parroquías de Lugo e os barrios da cidade poidán contar con axudas do concello para a celebración de festas.
Os eventos festivos contarán con grupos de música que o concello se encargará de pagar para achegar a cultura aos solicitantes que poderán ser das 54 parroquías do Concello ou dos barrios da cidade.
Segundo explicou Rubén Arroxo todos os barrios da cidade son fundamentais, polo que "cada ano traballamos para levar actividades a todas as zonas da cidade para que cada un dos barrios e zonas periurbanas poidan desfrutar tamén de actividades nas súas rúas".