ARROXO: "NON SE PODE PERMITIR QUE LUGO SIGA ESTANDO NUNHA SITUACIÓN PRECARIA EN CONEXIÓNS FERROVIARIAS, DESDE O BNG SEGUIREMOS TRABALLANDO NAS INSTITUCIÓNS E NAS RÚAS PARA REMATAR CON ESTA MARXINACIÓN CADA VEZ MÁIS ACENTUADA"

"Un mes despois, Lugo perde unha nova conexión ferroviaria" afirmou Rubén Arroxo

O portavoz do BNG valorou negativamente a eliminación dunha nova conexión ferroviaria anunciada hoxe

Arroxo: "Non se pode permitir que Lugo siga estando nunha situación precaria en conexións ferroviarias, desde o BNG seguiremos traballando nas institucións e nas rúas para rematar con esta marxinación cada vez máis acentuada"

"Un mes despois, Lugo perde unha nova conexión ferroviaria" afirmou Rubén Arroxo





Lugo, 21 de xuño de 2024. O portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o BNG retomará a campaña que vén executando nas distintas institucións onde ten presencia ante a situación do transporte ferroviario de Lugo, despois dun novo anuncio por parte de Renfe de eliminar unha nova conexión ferroviaria da cidade. Arroxo valorou como un "desastre" a planificación levada adiante por Renfe dos servizos ferroviarios durante os traballos de mellora nas infraestruturas. O portavoz do BNG afirmou que "as melloras das infraestruturas que son necesarias desde hai anos, mais estas melloras teñen que vir da man de mellores conexións e máis frecuencias, e non eliminando servizos".

Para o BNG, Galiza sofre unha evidente e histórica discriminación en canto a investimentos, tanto por parte dos gobernos do PP como do PSOE en materia ferroviaria, o que se traduce nun déficit en infraestruturas, equipamentos e servizos. Arroxo afirmou que a chegada do AVE a Galiza, con case 30 anos de atraso sobre a data anunciada nun primeiro momento polo goberno do Estado, "só supuxo que agora sexa máis rápido ir en tren de Lugo a Madrid que de Lugo a Compostela".

O BNG critica que Lugo continúe con menos servizos que antes do inicio da pandemia, cando se eliminaron servizos como o tren nocturno de Lugo a Barcelona. No tocante ás conexións dentro de Galiza, Lugo é a única cidade que non ten conexión directa por tren coa capital do país, un agravio que se resolvería cunha obra de 27 quilómetros de vía para conectar as paradas de Curtis e Ordes creando unha traxecto directo desde Lugo a Compostela.   O portavoz do BNG cualificou como un "desastre" a planificación dos servizos ferroviarios durante a mellora das infraestrutura

"Un mes despois, Lugo perde unha nova conexión ferroviaria" afirmou Rubén Arroxo