O BNG mostra o cambio executado desde o Goberno de Lugo cunha serie de vídeos nas redes sociais
Rubén Arroxo: “seis vídeos mostrarán os principais cambios polos que pasou Lugo nestes últimos catro anos”
Os vídeos publicaranse nas redes sociais do BNG de Lugo e de Rubén Arroxo
Lugo, 04 de febreiro de 2023. O BNG de Lugo publicará unha serie de vídeos sobre o traballo realizado polo seu grupo municipal como parte do goberno Municipal. Os vídeos contan con imaxes do antes e despois das actuacións impulsadas polas áreas de goberno que ostentan o concelleiros e concelleiras nacionalistas.
Inclúense imaxes previas e posteriores ás diferentes peonalizacións feitas en diversas rúas da cidade. Tamén se sinalan actuacións feitas no diferentes barrios e no centro da cidade. Os cambios da rúa Quiroga Ballesteros, a Mosqueira ou a Rolda da Muralla son as principais mostras do avance da cidade executado nos últimos anos polo BNG.
Rubén Arroxo, portavoz do BNG e candidato á Alcaldía de Lugo vinculou estes vídeos cos preto de de 40.000 exemplares en papel do boletín informativo editado polo BNG de Lugo, que da conta da actividade feita dende o goberno municipal de Lugo. "A información deber achegarse a todos os veciños e veciñas para informar da labor que están a facer os grupos políticos ao frente da corporación" dixo Rubén Arroxo.
Os vídeos publicaranse nas redes sociais do BNG de Lugo e nos perfís de Rubén Arroxo.
Enlace primeiro vídeo: https://youtu.be/