O BNG de Navia de Suarna impulsou medidas para o sector agrogandeiro e pemes

RobertoCarballoNavia
Roberto Carballo, voceiro do BNG en Navia de Suarna

Estas medidas tratan de estimular liñas de axuda municipal para aquelas empresas e explotacións que se viron afectadas pola crise sanitaria da COVID-19

O BNG de Navia de Suarna impulsou medidas para o sector agrogandeiro e pemes

Navia de Suarna, 29 de maio de 2020.- O voceiro do BNG en Navia de Suarna, Roberto Carballo, impulsou no pleno municipal celebrado esta semana, unha batería de medidas para abrir liñas de axuda municipal para aquelas pequenas e medianas empresas como as explotacións gandeiras que se viron afectadas pola crise da COVID-19.

O bloque naviego fixo fincapé en que o sector primario tamén ten que partir de axudas para facer fronte as consecuencias económicas, debido a gran baixada de prezos e a dificultade de recolocar esta produción no mercado. Deste xeito, garantindo a continuidade duns dos principais motores económicos de Navia de Suarna.

Roberto Carballo explicou “levamos ao pleno municipal estas medidas, as que cremos son fundamentais e precisas neste momento para Navia, o sector primario en Navia é primordial, é parte da nosa base económica, como tamén aqueles comercios e empresas que se viron afectadas nesta crise sanitaria”

Do mesmo xeito, o voceiro municipal resaltou a necesidade de abrir un tempo fortalecendo a economía como os servizos que posúe Navia, xa que a partir desta crise demostrouse que o rural é fundamental para a sociedade

“Navia como noutras partes rurais do país o que precisa é apoio institucional, esta crise sanitaria puxo en valor o seu potencial e as posibilidades que ten para ofrecer un modelo de vida máis saudábel, respectuoso co medio ambiente e sostíbel” sinalou o voceiro municipal.

O BNG de Navia de Suarna impulsou medidas para o sector agrogandeiro e pemes