RUBÉN ARROXO: “PARA EVITAR MOLESTIAS Á VECIÑANZA NON SE PECHOU TOTALMENTE A CIRCULACIÓN NA ZONA”
A área de Mobilidade e Infraestruturas repara o firme da rúa Salvador de Madariaga
Esta actuación realízase sen custo para o concello porque estaba incluída na garantía da rehabilitación realizada con anterioridade
Lugo, 29 de maio de 2020. Durante o día de hoxe, a área de Mobilidade e Infraestruturas realizou a reparación da capa de rodadura da rúa Salvador de Madariaga e a súa conexión coa praza de Bretaña. O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, afirmou que “a actuación na praza de Bretaña é necesaria debido ao déficit de conservación que presentaba esta zona”.
Debido ao desenvolvemento dos traballos, fíxose necesario eliminar as prazas de estacionamento de Salvador de Madariaga, xunto con varias prazas de estacionamento da praza de Bretaña. “Para evitar ao máximo crear molestias ás veciñas e veciños, non se pechou a totalidade da rúa á cirulación, mais elaboráronse itinerarios alternativos en previsión de pequenos cortes debido ás necesidades da actuación”, afirmou Rubén Arroxo
Con esta intervención, o concello de Lugo e a Área de Mobilidade e Infraestruturas garanten as boas condicións de distintos servizos públicos e mellora a calidade de vida e o benestar da veciñanza da contorna. Rubén Arroxo informou que “esta actuación realízase sen custo para o concello porque estaba incluída na garantía da rehabilitación realizada con anterioridade”