INSTALÁRONSE LUMINARIAS LED, QUE PERMITEN AFORRAR AO CONCELLO 6.5 TONELADAS DE EMISIÓNS DE CO2 AO ANO
A concellería de Infraestruturas Urbanas renova a iluminación de varias rúas do barrio da Milagrosa
Alexandre Penas: “a obra foi contratada antes do inicio do confinamento, mais non se realizou ata que o permitiron as autoridades sanitarias”
Lugo, 30 de maio de 2020. A concellería de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou polas posibles molestias e para que se tomen as debidas precaucións que, nos pasados días, se levaron a cabo as tarefas de renovación iluminación das rúas Yañez Rebolo, Xulia Minguillón, Tino Grandío e Pintor Villamil. Ademais, instaláronse novas luminarias nas rúas Fontelo e Padre Gómez. Alexandre Penas afirmou que “esta actuación pretende aumentar a visibilidade do entorno e mellorar a seguridade da veciñanza da contorna”.
“A nova infraestrutura de iluminación mellora á retirada, xa que se utilizaran luminarias LED, realizan un menor consumo enerxético”, indicou Alexandre Penas, que engadiu “coa nova iluminación aforraranse máis de 14.000 kWh ao ano, o que reducirá as emisións de CO2 en 6.5 toneladas ao ano”.
A concellería de infraestruturas investiu 40.506,01€ nesta actuación e, segundo indicou Alexandre Penas “foi contratada antes do inicio do confinamento, non se realizaron os traballos ata que o permitiron as autoridades sanitarias”. O edil de Infraestruturas explicou que “esta é unha das actuacións que temos planificadas para mellorar os barrios da cidade e avanzar de cara a reducir o consumo enerxético”.