ALEXANDRE PENAS: “ESTE TIPO DE ACTUACIÓNS SON DE BAIXO CUSTO PARA O CONCELLO E MELLORAN A CALIDADE DE VIDA DAS VECIÑAS E VECIÑOS”

A concellería de Infraestruturas Urbanas repara varios baches nas vías de Castelo de Abaixo

O Concello de Lugo pide á veciñanza que se tomen  as debidas precaucións mentres se realicen os traballos

A concellería de Infraestruturas Urbanas repara varios baches nas vías de Castelo de Abaixo

Lugo, 30 de maio de 2020. A concellería de Infraestruturas Urbanas informa á veciñanza que se está a realizar a reparación de distintos baches nas vías de Castelo de Abaixo. Desde o Concello de Lugo pídese á veciñanza que que se tomen as debidas precaucións mentres se realicen os traballos. Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas, indicou que se trata “dunha actuación moi demandada pola veciñanza da zona, e necesaria debido ao estado de deterioro da vía, que levaba moito tempo sen recibir mantemento”.

Con estas intervención, a Concellería de Infraestruturas Urbanas traballará para garantir as boas condicións de distintos servizos públicos e mellorar a calidade de vida e o benestar da veciñanza da contorna. Para a área de Infraestruturas, os barrios periféricos teñen que ter as atencións necesarias. Alexandre Penas indicou que “podemos facer moitas actuacións sen grandes gastos que melloren a calidade de vida das persoas”.

A concellería de Infraestruturas Urbanas repara varios baches nas vías de Castelo de Abaixo