DENDE O BNG SINALARON QUE “INCLUSO HOUBO CARGOS DO PP COMO EX-VOCEIRO JAIME CASTIÑEIRA OU A EDIL ISABEL DEVESA QUE NO SEU MOMENTO SE OPUXERAN A ESTE CAZOLEO”
O BNG negarase a que sexan os lucenses quen paguen o auditorio dúas veces
“Estes acordos entre PP e PSOE sempre van contra os intereses das persoas que pagamos en Lugo os nosos impostos” dixo Maite Ferreiro
Lugo, 3 de outubro de 2017. A edil Maite Ferreiro anunciou que o BNG se opoñerá, o vindeiro venres, a “que sexan os lucenses quen pague o auditorio dúas veces”. O venres celebrarase unha mesa de traballo no concello de Lugo para abordara a necesaria modificación das ordenanzas fiscais e permitirlle á Xunta un exención do pago do IBI en diversos inmobles durante varios anos a cambio de que faga a aportacións económica necesaria para as dotacións do novo Auditorio de Lugo.
“Estes acordos entre PP e PSOE sempre van contra os intereses das persoas que pagamos en Lugo os nosos impostos” dixo Maite Ferreiro e sinalou que “Feijoo leva anos anunciando que a Xunta vai pagar o auditorio de Lugo e ao final somos os lucenses que pagamos as dotacións do mesmo”. Ferreiro advertiu ademais que “esto abre unha porta a que cando calquera administración ou entidade faga un investimento en Lugo se lle exima do pago de impostos municipais”.
Cargos do PP en contra
Dende o BNG sinalaron que “incluso houbo cargos do PP como ex-voceiro Jaime Castiñeira ou a edil Isabel Devesa que no seu momento se opuxeran a este cazoleo”. “Calquera concelleiro da corporación municipal debería defender, en primeiro lugar, os intereses do concello pero no caso do PP e PSOE semelle que se defenden outros acordos que a todas as lucenses se nos escapan” concluíu Maite Ferreiro.