“O BNG TEN UN MODELO CLARO PARA LUGO E É ANTAGÓNICO CO BORRADOR DA ORDENANZA QUE PRETENDE O PSOE” AFIRMOU ARROXO

O BNG non apoiará iniciativas do PSOE se non se retira a “Ordenanza Mordaza”

IMG_6754

Rubén Arroxo aproveitou para propoñer a actualización doutras Ordenanzas como a de Medio Ambiente, Contaminación Acústica, Publicidade e a de Tenza de Animais

O BNG non apoiará iniciativas do PSOE se non se retira a “Ordenanza Mordaza”

Lugo, 8 de outubro de 2018.  O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, compareceu esta mañá ante os medios de comunicación para pedir a retirada da coñecida como Ordenanza Mordaza que o goberno municipal pretende implantar no concello de Lugo. Arroxo que estivo acompañado de representantes do consello local e comarcal do BNG, solicitoulle ao goberno local que anuncie a retirada do borrador desta ordenanza neste mes de outubro. De non ser así o BNG non volverá a dar o apoio ao goberno socialista xa que, segundo Arroxo, queda claro que os modelos de cidade son “totalmente diferentes e antagónicos”.

queremos unha cidade viva que aposte polo movemento cultural e artístico, que aposte polo tecido asociativo e os colectivos que traballan en diferente ámbitos

Arroxo sinalou que “dende un primeiro momento o BNG manifestou o seu rexeitamento a esta Ordenanza” e lembrou que xa se dera unha situación similar no ano 2009 cando o goberno municipal socialista tentara a aprobación dunha ordenanza similar. Rubén Arroxo afirmou que “o BNG ten un modelo claro para Lugo, queremos unha cidade viva que aposte polo movemento cultural e artístico, que aposte polo tecido asociativo e os colectivos que traballan en diferente ámbitos” ademais o voceiro do BNG dixo que “o modelo do BNG contempla unha potente política social para mellorar a calidade de vida das persoas e non para reprimir”.

Despois de lembrar as mobilización dos pasado día 26 de setembro, Arroxo dixo “a ordenanza que se presentou no borrardor impide o desenvolvemento dos movementos culturais e artísticos e castiga ás persoas con menos recursos”.  Arroxo pediulle ao goberno municipal “que anuncie a retirada do borrador antes de que remate o mes de outubro” e de non ser así “que non nos chamen para nada por que serán dous modelos de cidade, o PSOE que se adique a construir o seu modelo co PP e Cididáns por que o modelo de cidade do BNG está nunha liña totalmente antagónica”.

Actualización doutras ordenanzas

Ademais Rubén Arroxo propuxo a actualización de catro das Ordenanzas Municipais, como a de Medio Ambiente, para mellorar a limpeza e o coidado da cidade; a de  Contaminación Acústica, para mellorar a convivencia; a de Publicidade, para poder eliminar a publicidade sexista, ou a de Tenza de Animais, para axeitala á lexislación actual.

O BNG non apoiará iniciativas do PSOE se non se retira a “Ordenanza Mordaza”