​OLGA GARCÍA, CONCELLEIRA DO BNG EN CASTRO DE REI: "O BNG SEMPRE VAI ESTAR DO LADO DA VECIÑANZA, É UNHA OBRIGA GARANTIR O DEREITO Á SAÚDE, MAIS O PP TANTO NA XUNTA COMO NO GOBERNO MUNICIPAL TEÑEN UN OBXECTIVO, ESNAQUIZAR OS SERVIZOS PÚBLICOS"

O BNG organizou este domingo unha concentración polo peche do consultorio de Castro de Rei

Olga García, concelleira do BNG en Castro de Rei: "O BNG sempre vai estar do lado da veciñanza, é unha obriga garantir o dereito á saúde, mais o PP tanto na Xunta como no goberno municipal teñen un obxectivo, esnaquizar os servizos públicos"

Contou coa participación da deputada provincial, Iria Castro, e da deputada do BNG no Parlamento galego, Montse Valcárcel

O BNG organizou este domingo unha concentración polo peche do consultorio de Castro de Rei

 

 

Castro de Rei, 16 de xuño de 2024.- O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei convocou hoxe á veciñanza a unha concentración diante do centro médico de Castro de Rei.

Nesta concentración participou a concelleira do BNG en Castro de Rei, Olga García, como a deputada provincial, Iria Castro, e a deputada do BNG no Parlamento galego, Montse Valcárcel.

Esta convocatoria forma parte das mobilizacións e accións que o BNG impulsou para reclamar ao goberno da Xunta de Galiza que aplique as medidas precisas para a dotación de recursos, tanto materiais como humanos, para contar cos servizos sanitarios plenos.

A concelleira do BNG en Castro de Rei, Olga García, declarou "o BNG sempre vai estar do lado da veciñanza, é unha obriga garantir o dereito á saúde, mais o PP tanto na Xunta como no goberno municipal teñen un obxectivo, esnaquizar os servizos públicos".

Neste senso, a concelleira subliñou "é intolerábel que as veciñas e veciños deste concello non contemos con servizos sanitarios dignos, e sobre todo as doentes deste centro médico de Castro de Rei que vemos como nos pechan o consultorio dende o 15 de xuño ata o 15 de setembro" e incidiu "o peche deste consultorio é unha decisión política, decisión da cal o goberno municipal é cómplice" pois non se esta tendo en conta que a veciñanza de Castro de Rei ten que desprazarse ata o centro de Castro Riberas de Lea o cal tamén esta con servizos baixo mínimos".

O BNG organizou este domingo unha concentración polo peche do consultorio de Castro de Rei