O BNG TRASLADARÁ A PROBLEMÁTICA AO PARLAMENTO GALEGO E ÁS DISTINTAS INSTITUCIÓNS "PARA BUSCAR UNHA MELLOR UBICACIÓN A ESTE PROXECTO, QUE NON AFECTE NIN ÁS VIVENDAS NIN ÁS AUGAS DA ZONA"

Rubén Arroxo anuncia que o BNG recibirá no Parlamento á veciñanza afectada polo proxecto da fábrica de metano planificada Coeses


A deputada do BNG Montserrat Valcárcel manterá un encontro o vindeiro mércores xunto coas veciñas e veciños afectados

O BNG trasladará a problemática ao Parlamento Galego e ás distintas institucións "para buscar unha mellor ubicación a este proxecto, que non afecte nin ás vivendas nin ás augas da zona"

Rubén Arroxo anuncia que o BNG recibirá no Parlamento á veciñanza afectada polo proxecto da fábrica de metano planificada Coeses




Lugo, 17 de xuño de 2024. O portavoz do BNG e Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o BNG manterá un encontro no Parlamento Galego coa veciñanza afectada polo proxecto de construcción dunha fábrica de Metano en Coeses, que actualmente se atopa en exposición pública e en prazo de alegacións. A deputada do BNG Montserrat Valcárcel recibirá no Parlamento á veciñanza afectada, onde escoitará as súas reclamacións e compartirá a postura do BNG.

O BNG trasladará tanto ao Parlamento Galego como ás distintas institucións onde ten representación a problemática trasladada polas veciñas e veciños "ante un proxecto que producirá ruídos, cheiros e que pode ter influencia na calidade da auga da zona", afirmou Rubén Arroxo, que engadiu "colaboraremos tamén axudando a presentar alegacións ao proxecto para que as veciñas e veciños poidan amosar o seu rexeitamento a esta plana".

O BNG reclama, xunto coa veciñanza da zona, que se valore unha ubicación alternativa "que non afecte a ningún núcleo de poboación". A Xunta de Galiza declarou o proxecto como iniciativa empresarial prioritaria, o que conleva a simplificación de trámites administrativos, "mais o que debe ser prioritario é garantir que as veciñas e veciños da contorna non vexan mermada a súa calidade de vida por esta planta", afirmou Rubén Arroxo.

Rubén Arroxo anuncia que o BNG recibirá no Parlamento á veciñanza afectada polo proxecto da fábrica de metano planificada Coeses