A XUNTA NON DESDOBRA UNHA DAS AULAS DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, "AUMENTANDO A RATIO DE ALUMNOS POR AULA, O QUE REDUCE A CALIDADE EDUCATIVA", AFIRMOU MONTSE VALCÁRCEL

O BNG participa nas mobilizacións da veciñanza de Guitiriz en contra do recorte en calidade educativa na vila

A Xunta non desdobra unha das aulas de 2º de Educación primaria, "aumentando a ratio de alumnos por aula, o que reduce a calidade educativa", afirmou Montse Valcárcel

A deputada do BNG no Parlamento Galego asistiu á concentración convocada polas familias ante o recorte no ensino público

O BNG participa nas mobilizacións da veciñanza de Guitiriz en contra do recorte en calidade educativa na vila




Lugo, 03 de setembro de 2024. A deputada do BNG no Parlamento Galego, Montse Valcárcel, asistiu á concentración convocada polas familias do CEIP de Guitiriz, onde co novo curso non se produxo o desdobramento  do grupo de 2º de primaria no centro de ensino. Valcárcel afirmou qu eesta medida "reduce a calidade do ensino público, ao aumentar a ratio de alumnos por aula", e criticou que o PP desde a Xunta de Galiza "leva 15 anos recortando e desprestixando o ensino público".

"A Consellería de Educación volta cun novo curso de rebaixas, con menos profesorado, alumnado por riba das ratios nas aulas, agrupación de distintos niveis e peche de unidades e centros no rural", afirmou Montse Valcárcel, que engadiu "apoiaremos todas as mobilizacións en loita por un ensino de calidade, nun novo inicio de curso caótico por parte da Xunta"

Montserrat Valcárcel compartiu as as propostas educativas do BNG, como ofertar todas as prazas necesarias nos centros de ensino públicos, reducir as ratios nas aulas ou dispoñer do persoal docente necesario para unha boa atención a todo o alumnado, tamén á diversidade. Para o BNG é urxente substituír o actual modelo de axudas ás familias por unha "gratuidade universal dos libros de texto e material escolar nas etapas obrigatorias, máis económico e para todos e todas", explicou.

O BNG participa nas mobilizacións da veciñanza de Guitiriz en contra do recorte en calidade educativa na vila