MAITE FERREIRO SINALOU QUE “REPRESENTANTES DOS ÓRGANOS DE GOBERNO XUDICIAIS ADMITEN PUBLICAMENTE QUE SE TRATA DUNHA NECESIDADE QUE HAI CUBRIR CON URXENCIA”

O BNG pedirá no pleno do Concello de Lugo a creación dun novo xulgado do Social para Lugo

IMG_1244
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro, acompañados da Parlamentaria Olalla Rodil na concentración de traballadores de ABANTE diante da sede da empresa na Ceao.

Mentres en Ourense se están sinalando xuizos nun prazo de 20 días en Lugo estase tardando ata 2 anos”

O BNG pedirá no pleno do Concello de Lugo a creación dun novo xulgado do Social para Lugo

Lugo, 28 de novembro de 2016. O BNG trasladará unha proposición do Pleno da Deputación de Lugo na que se pedirá que o organismo local inste á Consellería e Ministerio de Xustiza así como ao Consello Xeral do Poder Xudicial a creación de xeito inmediato dun cuarto xulgado do social para Lugo. “Segundo os ratios que manexa a administración de xustiza Lugo tería que contar con catro xulgados do social para atender o crecente número de asuntos que se dirimen por esta vía” informou a edil nacionalista.

Maite Ferreiro explicou que “mentres en Ourense se están sinalando xuizos nun prazo de 20 días en Lugo estase tardando ata 2 anos, as demandas de traballadores estanse sinalando agora mesmo para decembro de 2018”. Este tipo de retrasos provoca que moitas demandas non se presenten, pois vense obrigados a aceptar o que lles dan porque non poden esperar 2 anos para cobrar. Ferreiro sinalou que “outros xulgados que tamén están saturados si se reforzaron. Os que tratan os problemas das traballadoras non.”

Dende o BNG-AA reclámase, tamén que mentres non se concrete a creación deste cuarto xulgado do social en Lugo, se proceda ao nomeamento urxente dun/ha maxistrado/a de reforzo para estes xulgados. Maite Ferreiro sinalou que “representantes dos órganos de goberno xudiciais admiten publicamente que se trata dunha necesidade que hai cubrir con urxencia” .

Os xulgados do social aténdense reclamacións laborais como despidos e tamén as demandas a SS, como por exemplo as incapacidades. Segundo o Consello xeral do Poder Xudicial, o módulo de asuntos de entrada para a xurisdición social está en 850 asuntos. No caso dos xulgados do social de Lugo xa chegou aos 940, número moi superior ao de Ferrol, Ourense e Pontevedra, que non chega ou están próximos a esa cantidade fixada polo CXPX. No caso de Santiago ou Vigo, que teñen cifras un pouco superiores, son compasados con reforzos neses xulgados do social.

Esta situación leva consigo que o número de caso rexistrados e sen solucionar nos xulgados de Lugo sexan totalmente insoportábeis. Así, os xulgados do social números 1, 2 e 3 de Lugo tiñan respectivamente 488, 485 e 487 asuntos pendentes sen resolver no mes de xuño deste anos 2016 e están a sinalar xuízos neste momento para decembro de 2018 respectivamente, con máis de dous anos de espera, e aumentando de día en día.

O BNG pedirá no pleno do Concello de Lugo a creación dun novo xulgado do Social para Lugo