"HAI MOITA XENTE QUE CONSIDERA O CUSTE DESTE PROXECTO MOI ELEVADO, A PRIMEIRA PARTE SUPÓN 1.259.481,34€" MANIFESTA O PORTAVOZ MUNICIPAL DO BNG EN BECERREÁ

O BNG pedira no vindeiro pleno que se realice unha consulta entre os becerrenses sobre o proxecto de derrubamento e o deseño da nova praza

"Hai moita xente que considera o custe deste proxecto moi elevado, a primeira parte supón 1.259.481,34€" manifesta o portavoz municipal do BNG en Becerreá

O BNG pedira no vindeiro pleno que se realice unha consulta entre os becerrenses sobre o proxecto de derrubamento e o deseño da nova praza

 

Becerreá, 10 de novembro de 2023. O BNG de Becerreá levará ao vindeiro pleno unha moción para que se realice unha consulta popular sobre o proxecto de derrubamento do actual edifico do concello e o deseño de unha nova praza.

O proxecto de construción dun novo edificio municipal demolendo a antiga "Casa do médico" iniciouse pouco antes da celebración das eleccións municipais. Este proxecto leva aparellado tamén o derrubamento do actual consistorio para deseñar no seu lugar unha suposta "gran praza".

"No BNG temos constatado que non existe entre os habitantes do noso concello consenso positivo sobre a realización desta idea" di Ovidio Montaña

O custo da primeira fase dese proxecto é de 1.259.481,34 euros ao que haberá que engadir o que corresponda á segunda.

"Consideramos que este custo é demasiado alto para un concello como Becerreá, cando temos outras necesidades nas que sería preciso investir".

Entra a veciñanza tamén existe malestar e sorpresa pola da eliminación total dun edificio que se consideraba histórico na vila, a devandita "Casa do médico".

Tampouco existe consenso, que cremos necesario, sobre o derrubamento do actual edificio do concello e a prevista construción dunha "gran praza" que habería que deseñar cunha planificación do que se quere facer nela que xustifique o custe de toda esa obra.

"Dende o BNG, cremos que sempre hai que contar coa participación da xente á hora de planificar a acción dun goberno e moito máis en casos coma este que atinxe ao futuro deseño urbanístico da nosa vila" di o portavoz municipal do BNG en Becerreá.

A composición política do concello que saíu das eleccións municipais determinou que o anterior equipo de goberno perdese a maioría absoluta coa que aprobou en solitario o proxecto no anterior mandato.

A lexislación permite que os concellos realicen consultas populares para acadar a opinión dos seus habitantes. "Cremos que esta é unha ocasión relevante para que se pida a opinión da xente antes de seguir adiante co proxecto no que atinxe á segunda fase de derrubamento do actual edificio ou non" concluíu Ovidio Montaña.

O BNG pedira no vindeiro pleno que se realice unha consulta entre os becerrenses sobre o proxecto de derrubamento e o deseño da nova praza