O BNG pide aproveitar as obras na Ronda República Arxentina para mellorar o cruce de peóns
“Cruzar camiñando na intersección da Av. República Arxentina coa rúa Santiago é unha odisea” dixo Arroxo
Lugo, 22 de agosto de 2018. Dende hai anos tanto dende o BNG como dende a veciñanza da zona vénse reclamando unha solución para o tránsito de persoas na confluencia da ronda do Carme coa Av. República Arxentina e coa rúa Santiago pola dificultade que lle supón chegar dende a beirarrúa da Av. República Arxentina ao paso de cebra da rúa Santiago. Nesta intersección atopámonos con que é practicamente cruzar, dado que o semáforo nalgúns casos ponse en verde para peóns cando veñen os vehículos, ou hai tramos sen beirarrúa e con moita pendente como é o caso do semáforo da rúa Santiago na parte baixa do cruce.
Rubén Arroxo sinalou que “hai que dar unha solución a curto plazo para facilitar o paso, máis aló do que se pretenda facer parte cos fondos EDUSI” e o propio concelleiro nacionalista considera que este pode ser o momento óptimo dado que está en proceso de contratación a mellora do pavimento da propia avenida “cremos que xa que se vai levar adiante unha obra que vai supoñer cortes na propia calzada, se debería aproveitar para executar a beirarrúa no entorno dos semáforos nos puntos onde aínda faltan”.
Segundo o proxecto técnico a obra a realizar é a seguinte: Se plantea el fresado de la capa de rodadura actual y su posterior reposición a base de mezcla bituminosa en caliente tipo hormigón bituminoso AC 16 SURF 50/70 D (D-12) de 6 cm de espesor medio. En los tramos más deteriorados se prevé la demolición completa del paquete de firme y su reposición mediante capa de zahorra artificial de 20 cm. de espesor, capa intermedia formada por mezcla bituminosa en caliente tipo hormigón bituminoso AC 22 BIN 50/70 S (S-20) de 9 cm de espesor medio y capa de rodadura en las mismas condiciones que todo el vial.
Se plantea asimismo la reposición de la señalización horizontal en todo el ámbito de actuación. Se incluyen en el presupuesto las preceptivas partidas de gestión de residuos de construcción y demolición y de seguridad y salud en las obras.
Ante isto queda patente que se ben si se vai levar a cabo unha necesaria mellora do pavimento rodado, novamente este goberno esquece a mobilidade a pé nas súas obras.