O BNG PIDE MAIOR ATENCIÓN PARA O ENTORNO DOS CENTROS PÚBLICOS DE ENSINO

O BNG PIDE MAIOR ATENCIÓN PARA O ENTORNO DOS CENTROS PÚBLICOS DE ENSINO

IMG_7212Paz Abraira puxo como exemplo da destención o afundimento da beirarrúa no acceso ás aulas de educación infantil do Colexo Rosalía de Castro

Lugo, 1 de febreiro de 2015. O BNG presentou un rogo no concello de Lugo para reclamarlle ao goberno municipal que arranxe o afundimento que apareceu na beirarrúa que da acceso ás aulas de infantil do colexo Rosalía de Castro. Abraira pediu “unha maior atención ao entorno dos centros públicos de ensino” e explicou que o BNG xa ten denunciado en máis ocasións desatencións do goberno municipal ao entorno de centros educativos do noso concello “como foi o caso da caida de pedras nas beirarrías próximas ao colexo Menéndez Pelayo”.

Abraira reclamou que “se actue con dilixencia neste tipo de casos” xa que “o concello conta cunha brigada de obras que pode acometer este tipo de arranxos”. Para o BNG “é fundamental que o concello recurra aos recursos propios sen ter que facer todo o proceso necesario para a contratación de empresas externas”. “Arranxar estas pequenas cousas é o que fai que se incremente a calidade de vidas das persoas que vivimos en Lugo” afirmou Paz Abraira.

O BNG PIDE MAIOR ATENCIÓN PARA O ENTORNO DOS CENTROS PÚBLICOS DE ENSINO