PARA O BNG O PARIPÉ DOS ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS PROVOCA A REESTRUTURACIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL"
Ata agora o único que hai escrito sobre os orzamentos participativos é a contratación de publicidade dixo Paz Abraira
Trátase dunha operación de marketing do psoe para tentar lavar a súa imaxe de cara ás elección municipais do mes de maio
Lugo, 2 de febreiro de 2015. A voceira do BNG no concello de Lugo foi crítica coa creación dunha nova área de goberno no concello de Lugo. Para o BNG trátase dunha operación de marketing do PSOE para tentar lavar a súa imaxe de cara ás elección municipais do mes de maio. Paz Abraira recoñeceu a súa sorpresa ante a aparición do decreto da alcaldía na que se fai unha reestruturación encuberta do goberno municipal. Para Paz Abraira o alcalde pretende mostrar un goberno activo e seguir agrandando esa imaxe de goberno que fomenta a participación a través dos orzamentos participativos.
Abraira explicou que a través deste decreto se lle retiran as competencias á área de economía, que é quen debería xestionar os orzamentos participativos e entréganselle á Sra. Rielo. Para o BNG esto é un puro paripé que demostra que o PSOE non cree nos orzamentos participativos e engadiu que é un paquete que se lle pon nas máns á persoa que impulsou os orzamentos participativos e que vai quedar en nada.
Paz Abraira explicou que non se sabe cal vai ser o procedemento, non hai nada por escrito salvo acordos da xunta de goberno para contratar anuncios para publicitar unha iniciativa que estrela que vai ser estrelada. Abraira incidiu tamén que os grupos da oposición non foron citados en ningún momento para explicar como se van efectivizar estes orzamentos participativos e para o BNG é afán puramente propagandístico dun goberno en descomposición.
Co decreto dictado pola alcaldía crease unha nova área, denominada de desenvolvemento local, que vai ter as compentencias para desenvolver os orzamentos participativos. Abraira sinalou que din que os orzamentos participativos van recoller calquera proposta que os cidadáns acheguen en calquera ámbito ou materia, ben sexa de gasto corrente ou de investimento, esas propostas terán que xestionalas primeiro a área económica e despois a área que corresponda. Para os nacionalistas non se pode trasladar aos cidadáns a idea de que teñen que presentar proxectos que non costen máis de 10.000 euros. Pero 10.000 euros serven para moi pouco en política municipal, estamos falando do chocolate do loro.
A voceira do BNG explicou que na xunta de compras contratáronse distintos soportes publicitarios para que os cidadáns saiban que vai haber orzamentos participativos no concello de Lugo e engadiu que os soportes publicitarios a determintados goberno vailles moi ben pero a realidade para a participación dos veciños e veciñas é moi diferente e o BNG aspira a que así sexa. Vai ser unha aposta fallida, únicamente publicitaria, que vai a provocar frustración entre os veciños e veciñas que crean nuns orzamentos participativos. Abraira afirmou que nunca tantos cartos tivo este concello e nunca tan incapaz foi un goberno municipal para gastalos e indicou que aínda hai obras do 2014 sen contratar e preguntouse se vannos facer creer que en 5 meses van implementar un proxecto de orzamentos participativos.
Paralización do goberno municipal
A realidade demostra que o concello non anda dixo Paz Abraira que fixo referencia á orde do día do pleno de hoxe ou de calquera dos últimos plenos e xuntas de goberno onde non hai nada. Para o pleno de hoxe unicamente se aproba tarde e mal unha ordernanza que vai fora de prazo. Esta é a realidade que se ve pleno tras pleno. Igual ocurre nas xuntas de goberno local onde so se aproban licenzas de obra menor afirmou Paz Abraira.