COMUNICADO DO BNG DE LUGO

COMUNICADO DO BNG DE LUGO

Lugo, 19 de febreiro 2015.  En relación ásinformacións publicadas  sobre os procedementos de contratación  na Escola de Piragüismo, o BNG quere facer as seguintes aclaracións:

1. A xestión da contratación de persoal e do mantemento da Escola de Piragüismo corresponde á empresa SUPLUSA, dependente da presidencia da Deputación de Lugo, por acordo da súa Xunta de Goberno  de 19 de maio de 2011.

2. O actual candidato do BNG - Asembleas Abertas en Lugo acada un posto de traballo con contrato temporal na Escola de Piragüismo a través dunha convocatoria pública de emprego difundida  no Boletín Oficial da Provincia (BOP) nº 299 de 31 de decembro de 2012.

Tras superar as correspondentes probas, accede a un contratado temporal que tiña como data de finalización o 31 de xuño de 2014, e que foi prorrogado até o 31 de xaneiro de 2015.

3. Segundo a información da que dispón o BNG, a empresa SUPLUSA procede a unha contratación de urxencia para cubrir o posto vacante de xeito provisional, mentres prepara a nova oferta de emprego que fixo pública en prensa e por outros medios o 11 de febreiro de 2015

4.- Provisionalmente, SUPLUSA cubre este posto con Adrian Jato, que decide renunciar para evitar polémicas interesadas, tras os medios de comunicación relacionaren a súa contratación coa súa vinculación con Galiza Nova.

5. O BNG quere reiterar a súa posición respecto a política de contratación de empresas ou administracións públicas: sempre debe facerse con base en ofertas públicas de emprego onde se garantan os principios de mérito, capacidade e igualdade para toda a cidadanía.

COMUNICADO DO BNG DE LUGO