«PRECISASE UN PLAN DE ACCIÓN QUE INCLÚA MÉTODOS DE CONTROL E AXUDAS AOS AFECTADOS AO IGUAL QUE SE FIXO POLOS DANOS OCASIONADOS POR OUTRAS PRAGAS " MANIFESTA CARME AIRA

O BNG pide no Parlamento que se artellen mecanismos de control para evitar novos danos aos pastos por causa do "verme soldado"

«Precisase un plan de acción que inclúa métodos de control e axudas aos afectados ao igual que se fixo polos danos ocasionados por outras pragas " manifesta Carme Aira

O BNG pide no Parlamento que se artellen mecanismos de control para evitar novos danos aos pastos por causa do "verme soldado"

 

 

Lugo, 13 de novembro de 2023. A deputada do BNG no Parlamento de Galiza Carme Aira denuncia a importante e sorprendente presenza de vermes soldado que ameazan cultivos e praderías. Lugo é unha provincia eminentemente rural, onde as praderías son moi importantes para alimentar a cabana bovina. Esta praga esta a estenderse por toda a provincia chegando á Pastoriza, un concello eminentemente gandeiro, dende a Mariña "O Goberno da Xunta non estableceu ningunha medida específica porque non o considerou unha praga, senón que o achacou a un Outono extremadamente cálido e que co arrefriamento das temperaturas presuntamente rematara o problema" expón a deputada.

Os danos foron moi importantes e afectan, sobre todo, á gandería extensiva dedicada á produción cárnica e á de leite de pastoreo. Estes danos víronse agravados por non haber ningún produto fitosanitario autorizado para botar sobre o pasto o cal permitiu que se reproduciran ao calor do outono. A estas alturas chegou a diminución de temperaturas, a potencialidade reprodutiva da especie está anulada, algúns dos vermes morrerían, outros terán pasado a pupa par hibernar e logo na primavera converterse en avelaíñas para volver comezar o ciclo.

"O próximo ano descoñecemos como se desenvolverá o clima, pero o que si temos seguro é que o máis probable é que haxa máis individuos sobreviventes que outros anos e que se poida converter en praga, ou que sin selo volvan afectar de novo aos mesmos pastos." explica a deputada nacionalista

Por iso o BNG a través da súa deputada Carme Aira solicitara á Xunta de Galiza que faga unha avaliación dos danos sufridos polos pastos nas zonas afectadas monitorizando a súa recuperación establecendo unha liña de axudas para paliar as perdas ocasionadas por este ataque, tratar co Ministerio a autorización de produtos químicos e/ou biolóxicos para a loita desta praga e artellar mecanismos para o ano que permitan a detección do incremento de exemplares de avelaíña que poidan indicar un novo ataque para o ano.

"Debemos evitar que esta praga se siga estendendo e se converta nun novo problema para o noso rural xa bastante abandonado por este goberno da Xunta de Galiza" concluíu Carme Aira.

O BNG pide no Parlamento que se artellen mecanismos de control para evitar novos danos aos pastos por causa do "verme soldado"