O BNG pon en marcha unha campaña de recollida de sinaturas en apoio a ILP pola defensa da atención primaria
Haberá mesas informativas e para participar nesta Iniciativa Lexislativa Popular nas localidades de Lugo, Castro Ribeiras de Lea, Meira e Sarria
O BNG propón reforzar con 200 millóns nos vindeiros orzamentos para o 2023
Lugo, 13 de setembro de 2022.- O Bloque Nacionalista Galego inicia unha campaña de recollida de sinaturas en apoio a Iniciativa Lexislativa Popular de SOS Sanidade Pública a prol do reforzo da Atención Primaria, nas terras e comarcas de Lugo.
A organización nacionalista colocará as mesas informativas nos vindeiros días nas localidades de Lugo, Castro Ribeiras de Lea, Meira e Sarria.
A deputada por Lugo do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil, anunciou que "desde o BNG apoiamos esta iniciatia xa que é preciso rematar coa explotación laboral e garantir a calidade da nosa atención primaria” ao que destacou “hai que reforzar a nosa sanidade cun orzamento para a Atención Primaria uns 200 millóns de euros máis para as contas do vindeiro ano 2023”
Olalla Rodil lembrou a sitaución da atención primaria “en Lugo continuamos baixo o atropelo do Partido Popular coa nosa sanidade pública, o reflexo é o caso do concello de Castro de Rei, o que se mantén un consultorio pechado e continúa falta de facultativos para ter un servizo digno”
Ante isto, Olalla Rodil animou a participar nesta recollida de sinaturas “agora máis que nunca temos que defender un dos bens máis prezados que temos como sociedade, por isto animo a toda a veciñanza das terras e comarcas de Lugo a participar nesta ILP, O dereito á saúde é un dereito fundamental”