RUBÉN ARROXO: "É PRECISA UNHA INTERVENCIÓN INMEDIATA PARA GARANTIR QUE O USO DA VÍA SE POIDA REALIZAR EN CONDICIÓNS DE SEGURIDADE"

O BNG pregunta no Congreso polos plans do Ministerio de Transportes para amañar a N-VI ante o importante estado de desgaste que presenta esta vía de titularidade estatal

Rubén Arroxo: "É precisa unha intervención inmediata para garantir que o uso da vía se poida realizar en condicións de seguridade"

O deputado do BNG, Néstor Rego, presentou unha batería de preguntas para coñecer o plan do Goberno con esta vía "que acumula anos de déficit de mantemento"

O BNG pregunta no Congreso polos plans do Ministerio de Transportes para amañar a N-VI ante o importante estado de desgaste que presenta esta vía de titularidade estatal

 

 

Lugo, 18 de xullo de 2025. O Deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, presentou unha batería de preguntas ao Ministerio de Transportes para coñecer os plans previstos polo goberno para reparar a N-VI ao seu paso por Lugo. Rubén Arroxo, portavoz do BNG no concello de Lugo, afirmou que "o mal estado de varios tramos da N-VI precisa de actuacións urxentes", e engadiu "vemos un grave estado de abandono, especialmente, na zona nor-leste, cunha calzada inzada de fochancas e fendas, ademais dun firme moi deteriorado que implica un serio risco para a condución e a seguridade viaria".

 

O BNG reclama unha intervención urxente que permita mellorar os "problemas graves" detectados en sete tramos diferentes, incluíndo zonas como a saída de Lugo en dirección a Madrid, a Avenida das Américas, a contorna de Garabolos, o acceso á avenida Breogán ou o lugar de Xián. "Entre os principais problemas detectados destacan a peladura da capa de rodadura, fochancas sen reparar ou mal reparadas, fendas lonxitudinais e transversais, afundimentos do firme ou arranxos mal executados", explicou Rubén Arroxo, que engadiu "isto demostra que o Goberno do Estado leva anos descoidando unha das principais vías de Lugo, o que fai que teñamos un importante déficit de mantemento".

 

Arroxo lembrou que, unha vez a vía actual esté en bo estado, "é preciso retomar o desdobramento desta vía". Segundo Rubén Arroxo, isto é unha "demanda histórica, que acumula décadas de reivindicacións por parte da veciñanza de Lugo e que permitirá mellorar a infraestrutura viaria de acceso á cidade no treito entre a Avenida das Américas e Garabolos, unha zona na que esta vía está a soportar unha importante densidade de tráfico e que precisa de máis espazo".

O BNG pregunta no Congreso polos plans do Ministerio de Transportes para amañar a N-VI ante o importante estado de desgaste que presenta esta vía de titularidade estatal