RUBÉN ARROXO LEMBROU QUE A PRINCIPIOS DE SETEMBRO FORON RETIRADOS OS 11 EXISTENTES NA CIDADE E NADA SE SABE DA COLOCACIÓN DOS NOVOS

O BNG preguntará pola adxudicación dos desaparecidos paneis reloxo-termómetro

termómentor
Imaxe: La Voz de Galicia

“Son moitas as persoas que botan en falta estes paneis informativos que indicaban, nas rúas, a hora e a temperatura” dixo Arroxo

O BNG preguntará pola adxudicación dos desaparecidos paneis reloxo-termómetro

Lugo, 15 de novembro de 2018. O BNG presentará unha serie de preguntas ao goberno municipal para aclarar “en que fase se atopa a adxudicación ou a redacción dos pregos para licitar de novo a instalación dos paneis publicitario-informativos”. Rubén Arroxo lembrou que a principios de setembro foron retirados os 11 existentes na cidade e nada se sabe da colocación dos novos.

Cando foron retirados os paneis que estaban situados en diferentes puntos da cidade, o goberno municipal anunciou a insalación de novos paneis dixitais.  “Pasaron máis de dous meses dende a retirada dos paneis instalados nas rúas e a día de hoxe non se sabe nada da instalación dos novos” sinalou Arroxo.

O voceiro do BNG pediu “axilidade” na tramitación desta cuestión por que “era un asunto previsible e debería terse contemplado co tempo a renovación destes paneis dos que xa se sabía que o remataba contrato coa anterior empresa adxudicataria”  informou Arroxo. Para o BNG “é unha mostra máis do desleixo deste goberno que non é capaz de anticiparse a ningunha xestión por mínima que sexa”.

O BNG preguntará pola adxudicación dos desaparecidos paneis reloxo-termómetro