O PSICÓLOGO QUE TRABALLA NESTE CENTRO MUNICIPAL DEBERÁ ASUMIR RESPONSABILIDADES E FUNCIÓNS IMPROPIAS POR DECRETO DO GOBERNO

Unha baixa laboral na Casa da Muller deixa o servizo de atención psicolóxica baixo mínimos, denuncia o BNG

IMG_0844

O tempo de espera para as mulleres que solicitan atención psicolóxica na Casa da Muller podería pasar dunha semana  a un mes

Unha baixa laboral na Casa da Muller deixa o servizo de atención psicolóxica baixo mínimos, denuncia o BNG

Lugo, 17 de novembro de 2018. O BNG preguntará ao goberno municipal polo Decreto asinado o 2 de novembro,  no que se encomenda ao psicólogo adscrito á Casa da Muller funcións vinculadas á xestión da Casa da Muller e dos Pisos de Acollida. Maite Ferreiro sinalou que “o psicólogo que traballa neste centro municipal deberá asumir responsabilidades e funcións impropias por decreto do goberno municipal”. O goberno municipal non ten intención de cubrir a baixa laboral e esto implica un merma considerable na atención deste centro municipal.

Maite Ferreiro lembrou que no ano 2017 foron atendidas na Casa da Muller 3.362 consultas e advertiu que “con este cambio nas funcións do psicólgo duplícase o traballo administrativo que vai asumir por ter que adicar tempo á xestión da propia Casa da Muller e tamén dos Pisos de Acollida do concello. Con este cambio na xestión, ordenado dende o goberno municipal, o tempo de espera para as mulleres que solicitan atención psicolóxica na Casa da Muller podería pasar dunha semana  a un mes

O BNG presentara preguntas ao goberno para clarificar se esta previsto acometer algunha ampliación ou modificación no cadro de persoal e nas actividades a realizar no futuro na Casa da Muller. Ademais, Maite Ferreiro sinalou que a acumulación de funcións deste profesional vai interferir na atención ás mulleres que se achega a este servizo. Ferreiro lembrou que en abril de 2018 xa se derá outra situación similar ao non cubrirse as baixas das persoas que atendían os pisos de acollida municipais e dixo “queremos saber se existe algún mecanismo para suplir as baixas laborais ou por vacacións das traballadoras/es que prestan os seus servizos na Casa da Muller”.          

 

Datos persoas atendidas

Segundo os datos facilitados dende o propio goberno municipal a Casa da Muller atendeu 3.362 consultas durante o ano 2017 e abríronse 283 expedentes. A respecto das consultas: 808 foron de asesoramento xurídico,  318 referentes á área social, 710 de atención psicolóxica, 1.158 por violencia de xénero e 368 correspondentes a outras informacións.

Unha baixa laboral na Casa da Muller deixa o servizo de atención psicolóxica baixo mínimos, denuncia o BNG