O BNG presenta unha declaración institucional para declarar “persoas non gratas” aos membros da Manada

Maitemicro RG
Maitemicro RG

O BNG busca que Lugo se sume á proposta que o Concello de Pontevedra lle transmitiu á FEGAMP

“Non queremos que ao noso Concello se poidan achegar este tipo de individuos que se dedican a abusar e incluso a violar mulleres” afirmou Maite Ferreiro

Lugo, 26 de xuño de 2018. O BNG de Lugo súmase á iniciativa do Concello de Pontevedra e levará ao vindeiro pleno municipal unha declaración institucional na que busca o apoio do resto de grupos para declarar aos membros da Manada como “persoas non gratas” no noso municipio. Este luns o Concello de Pontevedra trasladaba esta proposta á Federación Galega de Municipios e Provincias co fin de que todas as localidades levasen adiante esta declaración. A concelleira nacionalista, Maite Ferreiro, trasladou ao resto de grupos esta proposta facendo fincapé na necesidade de amosar un rexeitamento contundente dende as institucións a este tipo de actitudes machistas “non queremos que ao noso Concello se poidan achegar este tipo de individuos que se dedican a abusar e incluso a violar mulleres” afirmou a edil, lamentando que a xustiza deixe na rúa a unhas persoas que son claramente reincidentes e sen cumprir a súa pena.

“Estamos constantemente vendo como se asasinan mulleres e como se están a dar abusos e violacións, e ante isto as institucións teñen a responsabilidade de traballar por unha sociedade totalmente igualitaria que remate con esta lacra” afirmou Maite Ferreiro, entendendo que este é un tema da suficiente importancia e entidade como para que exista un consenso de todos os grupos ao respecto.

Mobilización social.

A concelleira nacionalista quixo lembrar aos centos de miles de persoas que saíron á rúa en todo o estado a pasada semana en oposición á liberación dos 5 condenados. Maite Ferreiro expuxo isto para amosar a enorme preocupación social existente a este respecto, asegurando que a sociedade se está a mobilizar cada vez máis na loita feminista e deixando claro que as mulleres xa non van calar máis ante humillacións deste tipo.