OLALLA RODIL: "ESTAS EMENDAS ESTÁN CENTRADAS NA ATENCIÓN ÁS PERSOAS MAIORES E NO SEU DEREITO A UNHA VELLEZ DIGNA "

O BNG presenta emendas aos orzamentos da Xunta de Galiza para dar resposta ás principais demandas da veciñanza de Samos

Olalla Rodil: "Estas emendas están centradas na atención ás persoas maiores e no seu dereito a unha vellez digna "

O BNG presenta emendas aos orzamentos da Xunta de Galiza para dar resposta ás principais demandas da veciñanza de Samos

Samos, 05 de decembro de 2024.- O Bloque Nacionalista Galego promove a través de emendas aos orzamentos da Xunta de Galiza para o 2025 a creación dun centro de día público en Samos así como duplicar os equipos de valoración de dependencia e aumentar de 12 a 20 euros por hora prestada o financiamento do Servizo de Atención no Fogar (SAF), un servizo que afoga aos concellos e que vulnera os dereitos das persoas maiores e que tamén debe garantir unhas condicións dignas as persoas traballadoras.

A iniciativa do BNG demanda ao Goberno galego que se comprometa e destine partidas orzamentarias para a construción do centro de día, coa dotación de recursos precisos, tanto materiais como humanos. Un concello como Samos precisa de axudas para coidar ás persoas maiores e que estas teñan a posibilidade de ser atendidas cerca das súas casas sen ter que marchar do seu concello.

O PP ten unha boa oportunidade de mostrar o seu apoio a un concello pequeno e rural como é Samos . Os 12€ que a Xunta de Galiza lles paga aos concellos para levar a cabo este servizo non lles chega a nada en concreto en Samos leva un 20% do seu orzamento. A Xunta de Galiza debe garantir a sostibilidade do sistema de atención á dependencia.

Dende o BNG pedimoslle ao PP "que se poña na pel destas persoas maiores e acepte unhas emendas que serven para mellorar a vida dos e das nosas maiores", concluíu Olalla Rodil.

O BNG presenta emendas aos orzamentos da Xunta de Galiza para dar resposta ás principais demandas da veciñanza de Samos