MAITE FERREIRO ANIMOU Á VECIÑANZA A DESFRUTAR DA CIDADE E DAS DISTINTAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS POLO CONCELLO DE LUGO
Salva Arco e Máximus acenden o alumeado de Nadal da cidade de Lugo
O alumeado de Nadal conta con 800 elementos e máis de 1 millón de microleds
Maite Ferreiro animou á veciñanza a desfrutar da cidade e das distintas actividades programadas polo Concello de Lugo
Lugo, 5 de decembro de 2024. Salva Arco (Dtor Xeral Breogán) e Máximus (mascota do equipo breoganista), foron os encargados de acender o alumeado ornamental de Nadal, dando comezo á tempada festiva no Concello de Lugo. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, dirixiuse a todas e todos os lucenses e animounos a desfrutar das festas e da cidada e das distintas actividades programadas para as festas nas rúas de Lugo. No acto estiveron presentes, ademáis da Concelleira de Cultura, o Tenente Alcade, Rubén Arroxo, e integrantes de todas as forzas representadas na corporación.
O Alumeado de Nadal permanecerá en funcionamento ata o 6 de xaneiro de 2025, en horario de 18:00 a 00:30 horas durante a semana, e de 18:00 a 03:00 as fins de semana e vésperas de festivos. Este ano colocaranse nas distintas rúas e prazas un total de 197 arcos luminosos e 36 elementos ornamentais. Ademais, decoraranse máis de 100 farolas. Entre os elementos ornamentais, destacan a instalación dunha figura en 3D na praza de Santo Domingo, preto da Praza de Abastos, que contará como mínimo con 2.600 puntos de luz e a decoración de varias rotondas da cidade con árbores de 8 metros de altura e 1.900 puntos de luz. Noutras prazas, instalaranse outros motivos en 3D cun mínimo de 2.000 puntos de luz ou árbores de 3 metros de altura e 12.000 puntos de luz.
O percorrido do Camiño Primitivo recibirá unha decoración especial e as letras Lugo Km 100 colocadas na praza do Camiño Primitivo serán decoradas con luces. A árbore da praza Maior, fronte ao Concello, terá un mínimo de 20 metros de altura e estará ubicada sobre unha plataforma de 8x8 metros. A Iluminación deste nadal contará cun mínimo de 3 figuras para poder utilizalas como photocall na pza Maior e terán 15.000 puntos de luz.