O BNG presentará unha petición formal para que se inicie a ordenanza de espectáculos con animais

“De pouco nos vai servir declarar Lugo libre de circos con animais ou de touradas, se despois non temos ferramentas para impedilo” Afirmou Rubén Arroxo

IMG_20160919_184942

O BNG presentará unha petición formal para que se inicie a ordenanza de espectáculos con animais

Lugo, 22 de setembro de 2016. O voceiro do BNG, Rubén Arroxo anunciou que o seu grupo vai presentar unha petición formal ao goberno municipal de cara a que se inicie a ordenanza para espectáculos con animais, e poder así ter regulado o que se pode e non se pode facer dentro do municipio de Lugo, dado que as declaracións de intencións que se fixeron coa aprobación das dúas proposicións que van neste eido, quedan sen utilidade se non se leva adiante a súa regulación a nivel legal “de pouco nos vai servir declarar Lugo libre de circos con animais ou de touradas, se despois non temos ferramentas para impedilo” Afirmou Rubén Arroxo

IMG_20160919_184942

Dende o BNG lamentan que en Lugo se vivan polémicas que poderían estar perfectamente erradicadas se non fose pola parálise municipal, dado que de existir interese real por evitar estas situacións, isto xa estaría solucionado. O voceiro nacionalista criticou que a pesar de que o acordo plenario a respecto dos circos con animais tivese lugar no mandato pasado, hai xa máis de dous anos e medio, a día de hoxe non se deu ningún paso “Lugo estase a atopar cada pouco con situacións conflitivas coma esta por mor de que dende o goberno municipal non son quen nin tan sequera de iniciar as ordenanzas pendentes, como poida ser esta mesma, pero tamén cómpre lembrar a de publicidade ou a de ruído”  

O BNG presentará unha petición formal para que se inicie a ordenanza de espectáculos con animais