O BNG e Libera! denuncian a existencia de publicidade do circo en mobiliario público, cando non está permitido

elefante


O BNG estuda levar ao pleno da semana que vén unha moción de urxencia para que se tramite a ordenanza.

O BNG e Libera! denuncian a existencia de publicidade do circo en mobiliario público, cando non está permitido

Lugo, 23 de setembro de 2016. O voceiro do BNG, Rubén Arroxo e o activista da organización animalista Libera, Rubén Pérez Sueiras denunciaron a constante permisividade que se está a ter co circo instalado no terreo de Augas Ferreas, e que conta con animais salvaxes, dado que a pesar de que no decreto asinado pola alcaldesa, o xoves 22 de setembro, queda claro que non se permite a instalación de cartelería publicitaria no mobiliario urbano, pódese observa como en rúas como poida ser a avenida Ramón Ferreiro, existen carteis colgados dos farois anunciando o evento.  

"existen carteis colgados dos farois anunciando o evento"

O activista de Libera, Rubén Pérez Sueiras, explicaba que existe unha ordenanza como é a de Protección Ambiental que deixa claro que este circo precisaría dun permiso específico para a colocación de dita publicidade en elementos públicos, polo que esixiu, que de non existir, “o concello de Lugo ten que obrigarlles a retirala”. Pola súa banda o concelleiro do BNG Rubén Arroxo confirmou que non existía autorización para iso.

Ademais dende o BNG informaron que están a estudar levar ao pleno municipal do xoves 29 unha moción de urxencia para esixir ao goberno municipal que inicie de xeito inmediato a elaboración da ordenanza “fica patente a necesidade e a urxencia de termos esta ordenanza feita, se non queremos atoparnos con outro problema similar no futuro” afirmou Arroxo, lembrando as problemáticas existentes da parálise neste asunto, e noutros, por parte do goberno municipal.    
 

O BNG e Libera! denuncian a existencia de publicidade do circo en mobiliario público, cando non está permitido