UN TOTAL DE 16 PERSOAS CONFORMAN A CANDIDATURA DO BNG PARA “FACER DA PASTORIZA UN LUGAR MELLOR”

O BNG presentou a candidatura completa para as municipais na Pastoriza

IMG_9642
Candidatura BNG A Pastoriza, municipais 2019

Elva Carrera, a tenente de alcalde, afirmou: “continuaremos a facer unha xestión racional, rigorosa e transparente”

O BNG presentou a candidatura completa para as municipais na Pastoriza

 

A Pastoriza, 30 de abril de 2019. O BNG presentou a candidatura completa para as eleccións municipais no concello da Pastoriza. Elva Carrera afirmou “continuaremos a facer unha xestión racional e rigorosa ”. Carrera deu conta das 11 persoas que forman a candidatura, a cal é completada por 5 suplentes. “Un grupo de persoas que teñen demostrada a súa valía en diferentes ámbitos profesionais e implicación política e social”.

Segundo a candidata nacionalista, “o medio rural será o noso piar fundamental, continuaremos a formar ás gandeiras e gandeiros,  e buscaremos o apoio da administración para a formación de nova man de obra para as explotacións” e engade “apoiaremos as iniciativas de concentración parcelaria entre particulares, e crearemos unha bolsa de terreos dispoñibles que sexan susceptibles de seren incorporados á labor labrega”.

A candidatura do BNG é, en palabras de Carrera “un equipo para gobernar, con ilusión, con capacidade e con ideas claras para facer da Pastoriza un lugar mellor”. As persoas que integran esta candidatura, comprométense ademais a realizar unha xestión democrática, eficaz e transparente, promovendo a participación veciñal nos asuntos municipais.

 

Candidatura do BNG

1. ELVA CARRERA GONZALEZ

2. JOSE ANTONIO VEIGA PEREZ

3. ROCIO LOPEZ PACIO

4. VERONICA RODRIGUEZ GESTO

5. JESUS OBARRIO PEREZ

6. NOELIA IGLESIA SEIJO

7. MANUEL SEIVANE VILA

8. YOLANDA OTERO LOGILDE

9. MARTIN GUTIERREZ MASEDA

10. MIGUEL FOLGUEIRA BOUSO

11. XOSE MARIA ELOI VILLADA LEGASPI

Suplentes

1. EVA FERNANDEZ DIAZ

2. BEGOÑA COYA MENDEZ

3. XOSE REGUEIRO YAÑEZ

4. DIEGO FERNANDEZ OTERO

5. ARCADIO SANCHEZ LEGASPI

O BNG presentou a candidatura completa para as municipais na Pastoriza