“ANUCIOUSE UNHA SOLUCIÓN PARA A UNIÓN DE SAN ROQUE E CARRIL DAS FLORES, PERO NON SE FALA DE RETIRAR O TAPÓN DE MONTERO RIOS” DIXO MAITE FERREIRO

O BNG propón un plan plurianual para a eliminación de tapóns urbanísticos na cidade

IMG_9982

“O de Montero Ríos é un exemplo do caos desta cidade á hora de abrir espazos para as persoas” afirmou a edil do BNG

O BNG propón un plan plurianual para a eliminación de tapóns urbanísticos na cidade

Lugo, 30 de abril 2019.  O BNG preciusou hoxe a necesidade de poñer en marcha un plan de eliminación de tapóns urbanísticos na cidade. Maite Ferreiro cifrou nunha decena de puntos da cidade con tapóns nos que se debería actuar. “Sabemos que esto non se pode solucionar nun ano, nin dous, pero canto antes se comece a traballar antes se dará a solución” dixo Maite Ferreiro. “Propoñemos que se vaian utilizando cartos dos remanentes para acometer esta cuestión que en casos, como o tapón de Montero Rios que constantemente provocan protestas veciñais” dixo Arroxo. Integrantes do BNG demostraron que as medidas desta beirarrúa incumplen con todas as normativas que rexen o urbanimo. “Hai menos de 90 centímetros de beirarrúa nunha das zonas máis transitadas da cidade” afirmou Maite Ferreiro.

Maite Ferreiro dixo que “a falta de xestión do goberno municipal deixou unha importantísima partida remanentes e debemos buscar un uso que beneficie aos veciños e veciñas”. Con parte dos fondos que se van acumulando nestes remanentes poderían levarse a cabo actuacións para avanzar na eliminación dos tapóns urbanísticos que dificultan a vida de moitas veciñas e veciños desta cidade. Resulta evidente que é practicamente imposible eliminar todos os tapóns urbanísticos que a día de hoxe aínda existen tanto pola complexidade administrativa como pola carga económica que pode supoñer para o concello. En calquera caso, dende o BNG, entendemos que todas e todos coincidimos na necesidade de afrontar este asunto sen máis demora para que no menor tempo posible se eliminen.

Para a concelleira do BNG, Maite Ferreiro, esa zona da cidade leva tempo en abandono, e a veciñanza adoita a queixarse da falta de atención e coidado, de aí que considere que pode ser positivo iniciar un proceso de transformación máis ampla que o predio no que se centra a modificación do PEPRI “Agora que se da un paso importante para resolver o predio onde conflúe San Roque e carril das Flores, é o momento de retirar este tapón”, asegurando que se melloraría moito tanto en imaxe como en seguridade e accesibilidade.

Tapóns que aínda permanecen na cidade

A edil do BNG no concello de Lugo situou os puntos nos que se atopan algúns dos tapóns urbanísticos na rúa dona Urraca, no barrio de Recatelo, no carril das Hortas, na rúa Orquídea, no camiño de Pipín, na rúa San Froilán, na rúa Juana la Loca, na rúa S. Xillao, e na entrada en Galegos.

O BNG propón un plan plurianual para a eliminación de tapóns urbanísticos na cidade