O BNG PROPÓN A CONSTRUCIÓN DUNHA TERRAZA-MIRADOR EN FONTIÑAS

O BNG PROPÓN A CONSTRUCIÓN DUNHA TERRAZA-MIRADOR EN FONTIÑAS

O grupo nacionalista suxírelle ao concello que aproveite as obras de consolidación que se están realizando para realizar esta actuación

A creación deste espazo cívico resulta importante para unha zona moi poboada da cidade que apenas conta con lugares de lecer

LUGO, 12 de abril de 2013. A edil nacionalista, Paz Abraira, acompañada do voceiro no concello de Lugo, Antón Bao e do responsabel local do BNG, Alexandre Penas demandou do concello de Lugo a construción dunha terraza-mirador na ronda de Fontiñas. Abraira dixo que “é o mellor momento para efectuar esta obra xa que se poden aproveitar as obras que o concello está realizando para consolidar o muro de contención caido recentemente”.

Abraira explicou que a proposta de BNG levaríase a cabo cun baixo investimento económico e que se realizaría na área de expropiación dos terreos, co cal, non afectaría a ningunha propiedade privada da zona. Para a edil do BNG “é unha actuación asumible economicamente e tecnicamente viable”. Este sería a única posibilidade xa que outros terreos da zona, que se adaptarían para esta intervención, son de propiedade privada

A creación deste espazo cívico resulta importante para unha zona moi poboada da cidade que apenas conta con lugares de lecer. Segundo Paz Abraira “ trátase dunha zona moi poboada onde vive moita xente nova e moita xente maior e hai unha demanda importante de espazos públicos”. Abraira engadiu que “é certo que xa existe un parque na zona pero ten unhas características moi especiais pola pendente do terreo e pouca xente da zona o utiliza como lugar de esparcemento”.

Aproveitando que se actúa sobre o terreo e que se está facendo unha escolleira é momento axeitado para facer esta obra. A obra poderiase facer, ou ben, aumentando esa escolleira para facer unha plataforma sobre a que se construiría esta terraza-mirador, ou ben, apoiando unha plataforma de madeira sobre pilastras. A superficie da nova plataforma sería de entre 300 e 500 metros cadrados. Ademais poderiase trasladar a zona de xogos que está no fondo do parque dos Paxariños a este novo emprazamento para que poida ser utilizado por todas as nenas e nonos da zona.

O BNG PROPÓN A CONSTRUCIÓN DUNHA TERRAZA-MIRADOR EN FONTIÑAS