UN CAMBIO DE UBICACIÓN DO FEIRAL TERÍA GRAVES CONSECUENCIAS PARA AS FESTAS DE SAN FROILÁN
Bao pediu un referendum popular por que Lugo viven preto de cen mil persoas e non so vintecinco
O concello de Lugo xa adoptara melloras no recinto feiral nas festas do ano 2012 antes de que o xulgado dictara as medidas cautelares
Lugo, 10 de abril de 2013. Antón Bao respondeu hoxe, a preguntas dos xornalistas, sobre a demanda xudicial dun grupo de veciños do parque que pretende o cambio de ubicación das festas de San Froilán. Ademais de manifestar o seu respeto polas decisións xudiciais, Bao fixo referencia ás repercusións que este cambio tería para moitos sectores económicos da cidade de Lugo. Bao lembrou tamén todas as medidas que se tomaron o pasado ano para reducir as molestias á veciñanza no feiral do San Froilán. Se o recinto feiral tivera que saír do entorno centro de Lugo tería graves consecuencias para as festas así o dixo Antón Bao que engadiu que esto tería importantes repercusións para diferentes sectores económicos da cidade fundamentalmente os vencellados á hostalería.
Antón Bao lembrou que a única vez que se descolaron as festas tivo un fatal resultado e tiveron que voltar á súa actual ubicación e engadiu que as festas do San Froilán están declaradas de interese turístico galego e interese turístico estatal e, sempre estiveron no entorno do centro da cidade. Bao afirmou que independentemente das decisións xurídicas que se tomen unha cuestión como esta merece da opinión de toda a cidadanía por que son as festas de todos os lucenses. Bao pediu, igual que o fixera cando tiña responsabilidades de goberno, un referendum popular por que en Lugo viven preto de cen mil persoas e non so vintecinco. Eu tomei todas as decisións pensando no interes xeral afirmou Antón Bao referíndose as acusacións verquidas polos demandantes.
Bao lembrou a que na pasada edición do San Froilán, e antes de que o xulgado contenciosos-administrativo dictase medidas cautelares, a concellería de cultura tomara importantes medidas para mellorar a estructura e a ubicación do feiral no entorno da parque Rosalía de Castro. Tamén se reubicaron as casetas para mellorar a circulación e evitar que houbera impedimentos de accesibiliade, xa que o concello coñecía a existencia de persoas con problemas de mobilidade que residían nesta zona. Bao achacou os enfretamentos do concello cun grupo de barraquistas aos cambios que o concello decidira adoptar no feiral. Bao dixo que se extremaron as medidas a raíz das medidas cautelares dictadas polo xulgado contencioso-administrativo número 1 de Lugo sobre todo as relacionadas co control do ruido. Bao asegurou que visitei varias veces o feiral e comprobei, coas medicións de ruído, que as normas marcadas foron escrupulosamente cumpridas daquela Bao engadiu que non se pode dicir que non se fixo caso omiso ás demandas dos veciños.
Efectos para as arcas municipais
Un posible desprazamento do recinto feiral podería ter efectos moi negativos para as arcas municipais. Bao informou que o concello de Lugo ten un concesión de espazos asinada cos barraquistas e cos empresarios que explotan as casetas do polbo. Un cambio na localización das atraccións e das casetas do polbo levaría a unha reclamación económica por parte dos concesionarios. As concesións están fixadas para un período de tres e catro anos.