O BNG CELEBRA UNHA CHARLA NA QUE SE ANALIZA A HISTORIA E PRESENTE DA CELEBRACIÓN DO 1º DE MAIO

O BNG CELEBRA UNHA CHARLA NA QUE SE ANALIZA A HISTORIA E PRESENTE DA CELEBRACIÓN DO 1º DE MAIO

Na charla intervirá o historiador Uxío Breogán Dieguez, o consul de Cuba e o Secretario Comarcal da CIG en Lugo, Xosé Ferreiro

LUGO, 29 de abril de 2013. O BNG ten organizado para a xornada de mañá, martes 30 de abril, unha charla - coloquio que leva por título 1º de Maio, Historia e Presente. Este acto terá lugar, ás 20:00 horas, no salón de actos da Casa Sindical de Lugo. Intervirán o historiador Uxío Breogán Dieguez, o consul de Cuba e o Secretario Comarcal da CIG en Lugo, Xosé Ferreiro. Este acto  enmarcarse dentro das actividades que a formación nacionalista ten programadas para celebrar o día da clase obreira traballadora. O BNG convida a participar nesta charla a todas as persoas que desexen achegarse.

A responsabel comarcal do BNG, Esther López, dixo que “dende o BNG convocamos esta xornada para que a xente poida coñecer cales foron as orixes, en que situación nos atopamos, e cal debe ser o futuro da loita na clase traballadora”. Para o BNG, segundo Esther López, “estamos a vivir un presente fatídico para a clase traballadora e os recortes aplicados pola dereita á nosa sociedade dificilmente remitirán á situación de partida sen unha mobilización social na que as forzas sindicais teñen que xogar un papel fundamental”.

O BNG CELEBRA UNHA CHARLA NA QUE SE ANALIZA A HISTORIA E PRESENTE DA CELEBRACIÓN DO 1º DE MAIO