NESTE MOMENTO AS PERSOAS ACCEDEN AO LEIRAPARKING, NO PUNTO MÁIS CERCANO Á ENTRADA DO HULA, POR UNHA RAMPA IMPROVISADA E PERIGOSA
O BNG propón crear un acceso seguro para as persoas no Leiraparkin d HULA
“Podería instalarse un sistema de contención de terras escalonado de madeira que servise como acceso e fose compatible coa normativa” dixo Rubén Arroxo
Lugo, 8 de novembro de 2018. O voceiro do BNG, Rubén Arroxo, visitou o Leiraparking do HULA e propuxo un acceso segura para as persoas. Arroxo comprobou como se accede, dende a zona de aparcamento, ata o víal que conduce ao HULA por unha rampa improvisada e creada polo propia paso da xente “é un acceso perigoso, improvisado e non está delimitado, mais o sentido común invita a utilizalo por que é a distancia máis curta entre o aparcadoiro e o hospital” sinalou Arroxo.
Arroxo propuxo instalar un sistema de contención de terras escalonado na zona en pendente que ao mesmo tempo sirva de escaleira de acceso. “Trátase dunha instalación sinxela, de baixo custe e compatible coa normativa” dixo Rubén Arroxo e engadiu “pódese facer en madeira tratada ou con outros materiais naturais ao igual que xa existen en moitas rutas de sendeirismo ou entornos naturais protexidos”. Ademais, segundo Arroxo, “poderiase colocar algún tipo de pasamáns similar ao peche que se fixo para a Mamoa que contribuise a dar seguridade as persoas que suben e baixan”.
Para o BNG “é necesario facilitar en garantir un acceso seguro para as persoas que utilizan este novo aparcadoiro” por que “en moitos casos trátase de persoas maiores e con dificultade de mobilidade”. O voceiro do BNG dixo que “é unha proposta que trasladaremos ao goberno local co fin de mellorar esta existosa instalación que, a pesares dos inconvintes do firme actual, presta un grande servizo á poboación”.