“A ALCALDESA SEGUE INCUMPRINDO OS ACORDOS PLENARIOS E NON DA INFORMACIÓN SOBRE AS CONDICIÓNS DO CONTRATO COA CONCESIONARIA” LEMBROU ARROXO

O desvío de liñas de buses que pasan pola praza da Milagrosa sofren importantes retrasos polas obras

IMG_4645

Arroxo sinalou que “a modificación suporá un incremento de 10.000 euros que o concello lle pagará a maiores á empresa concesionaria”

O desvío de liñas de buses que pasan pola praza da Milagrosa sofren importantes retrasos polas obras

Lugo, 9 de novembro de 2018. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, pediu que se volvan a estudar os itinerarios modificados das liñas de bus que foron modificadas por mor das obras na praza da Milagrosa. “Hai veciños e veciñas que pediron a nosa intervención polos retrasos que se acumulan nestas liñas ao incrementarse o percorrido das liñas” dixo Rubén Arroxo e sinalou “trátase dun itinerario imposible para cumprir os tempos e en cada percorrido acumulanse retrasos ao longo da xornada”.

Especialmente a liña 5 é a que acumula máis retrasos xa que se ampliou a redor de 1.100 metros. Esta liña de bus eliminou as paradas da rúa Mallorca e Praza da Milagrosa, procedendo á creación de dúas novas. Para a liña 5 sinalizarase unha en rúa Alfredo Vila, fronte á Praza Agro do Rolo e para a liña 1 crearase unha parada nas inmediacións da Praza Viana do Castelo, fronte a rúa Otero Besteiro.

Arroxo sinalou que “a modificación suporá un incremento de 10.000 euros/ano que o concello lle pagará a maiores á empresa concesionaria”. Para o BNG non debe contemplarse un incremento de coste destas características se ademais se empeora o servizo con retrasos acumulados e se provoca un maior estress nas persoas que conducen os autobuses.

Incumprimento de acordos

Dende o grupo nacionalista lembran que tanto no pleno de setembro como no de decembro do 2017 aprobouse por unanimidade unha proposición do BNG para que a alcaldesa convocase aos grupos, en menos de 15 días, para explicar porque se mantiña paralizado o proceso de actualización das liñas dos buses, e malia a todo a día de hoxe nin se actualizaron as liñas, nin se convocou aos grupos. Arroxo explicou que “a ninguén se lle escapa que o actual deseño das liñas é totalmente obsoleto e hai servizos que son absolutamente deficientes”. “Non se ten en conta a creación dun novo polígono nas Gándaras, nin da existencia do HULA, nin as necesidades de moitas zonas do rural, nin se tivo en conta as suxestións de moitas persoas e colectivos que presentaron propostas nos prazos previos á adxudicación” afirmou o voceiro do BNG.

O desvío de liñas de buses que pasan pola praza da Milagrosa sofren importantes retrasos polas obras