O VOCEIRO DO BNG INSISTIU EN “APROVEITAR OS CAMIÑOS TRADICIONAIS PARA REDUCIR A PENDENTE, O PROXECTO PRESENTADO METE A CICLISTAS POLAS RUTAS CON MÁIS PENDENTE DA CIDADE”
O BNG propón melloras ao proxecto de ciclo-vías do EDUSI
“Pediremos que o proxecto se contraste con colectivos de usuarios da bicicleta, como Masa Crítica, que en Lugo amosaron un traballo serio durante anos” dixo Arroxo
Arroxo lembrou que “tendo en conta que o obxectivo da Estratexía EDUSI é unir a cidade coa zona do río, propoñemos diferentes alternativas para mellorar o contido do documento presentado polo goberno e salvar a barreira orográfica que supón a rúa Santiago (volta da Viña). Algunhas do propostas do BNG van dirixidas a recuperar sendeiros históricos e tradicionais como a rúa Pousadela, a planificar a unión da rúa Santiago e ronda do Carme coa ronda de Fingoi na que xa existe un ciclo-vías que habería que unir ao de nova creación.
Como exemplo da mala planificación desta rede de ciclo-vías, que na proposta do goberno municipal, establécense rutas de bicicleta pola rúa Santiago “que é unha das rúas con maior pendente da cidade” pero ignóranse outras vía posibles como a rúa Pousadela “que é un camiño tradicional cunha pendente pouco pronunciada no tramo entre a zona do Palomar e a ronda do Carme” e engadiu que “o camiño de Pousadela podería habilitarse como senda peonil e para bicicletas”. Outro exemplo do desproposito deste plan de Carril-Bici é que se elixe para unir a Fonte dos Ranchos coa ronda da Muralla, a rúa Xerman Alonso que é unha das rúas que teñen máis pendente nesta zona e, dende logo, non é a máis acaida para a creación dun Carril Bici.
No Plan de Movilidade elaborado para o concello de Lugo xa figuraba, como parte do documento, un apartado no que se informaba de que “para a creación dos carriles bici deberíanse utilizar pendentes inferiores ao 4%”. Lugo conta cun 83 % dos viais que cumpren con esta característica, cousa que foi ignorada á hora de deseñar esta rede que se pretende financiar con fondos EDUSI, como é o caso da rúa Santiago. Ademais dende o BNG “pedirase que o proxecto se contraste con colectivos de usuarios da bicicleta, como Masa Crítica, que en Lugo amosaron un traballo serio durante anos”
O BNG aposta por crear un sistema intermodal bici-bus que permita que usuarios do transporte público poidan transportar as súas bicicletas nos autobuses polo menos en liñas estratéxicas como o bus que une o barrio da Ponte co Centro da cidade. Arroxo puxo como exemplo liñas de cidades como Bilbao que incorporaron sistemas de transporte de bicicletas para os autobuses. http://www.bizkaia.eus/home2/Temas/DetalleTema.asp?Tem_Codigo=10243&idioma=CA&dpto_biz=8&codpath_biz=8|9778|196|628|10243