O BNG REEDITARÁ O SISTEMA DE ASEMBLEAS ABERTAS PARA DEFINIR A CANDIDATURA COA QUE SE PRESENTARÁ AOS COMICIOS MUNICIPAIS

O BNG aposta por unha candidatura “para ilusionar ás persoas que se senten de esquerdas e queren que Lugo funcione”

IMG_5059

Antón Bao e Alexandre Penas coordinarán o proceso de conformación da candidatura para as eleccións municipais do 2019 nas que o BNG “vai a por todas”

O BNG aposta por unha candidatura “para ilusionar ás persoas que se senten de esquerdas e queren que Lugo funcione”

Lugo, 25 de maio de 2018. O BNG inicia o proceso para a conformación da candidatura coa que se presentará as eleccións municipais do ano 2019. Para explicar os pormenores do proceso compareceron en rolda de prensa Lois Blanco, Responsable Local do BNG de Lugo; Maite Ferreiro, edil do BNG e vice-responsable Local do BNG de Lugo; Antón Bao e Alexandre Penas como coordinadores do proceso para a configuración da candidatura do BNG para as municipais do 2019.

Maite Ferreiro explicou que está aberta a posibilidade de que militantes e simpatizantes do BNG presenten propostas para a candidatura do BNG de cara ás municipais de 2019. Nas sete cidades do país presentaranse ás persoas que encabecen as candidaturas antes do verán. ”Durante o verán seguirase o traballo para incorporar xente á candidatura do BNG” sinalou Maite Ferreiro que presentou a Antón Bao e Alexandre Penas como coordinadores deste proceso de conformación da candidatura. Ferreiro fixo, tamén, un percorrido polas propostas que o BNG ten feito durante este mandato no concello de Lugo como todas as relativas á mobilidade, á creación da zona pública de baño, en materia de benestar social, cultura, deporte, etc….

Antón Bao referiuse á actual situación do concello “pola falta de iniciativa do goberno socialista”  e tamén “á decepción de todas as persoas que apoiaron a partidos que se presentaron como propostas novidosas da nova política e que non foron capaces de materializar un cambio nin de conservar a ilusión de quen os apoiou”. Segundo Bao “as eleccións municipais do ano 2019, presentanse en Lugo abertas e o BNG vai presentar unha candidatura para gobernar nas que que incluirá a persoas que traballan e diversos aspectos sociais”. “O BNG é unha forza nacionalista e de esquerda que ten demostrado, onde goberna que sabes gobernar para todas as persoas e mellorar a calidade das veciñas e veciños” dixo Antón Bao e referiuse a concellos como Pontevedra, Allariza, Ribadeo ou Muras.

Pola súa banda, Alexandre Penas afirmou que “imos dirixir a todas aquelas persoas que aman a esta cidade e queren que Lugo funcione, por que hai moita xente traballando en diferentes eidos coas que o BNG vai contar para conforma a súa candidatura pola súa valía e capacidade para traballar en equipo”. Penas sinalou que “o BNG aposta por unha continuidade na liña política levada durante este mandato e imos a por todas para acadar a máxima representación no concello de Lugo” e explicou que “No proceso de configuración da candidatura falaremos con moita xente para recuperar a ilusión de moitas persoas que se sentiron defraudadas por outros proxectos políticos que non callaron e que se sinten defraudadas co rumbo político do concello e coa xestión do goberno municipal”.

O BNG aposta por unha candidatura “para ilusionar ás persoas que se senten de esquerdas e queren que Lugo funcione”