ARROXO INSISTIU NA NECESIDADE DE ORDENAR A CIRCULACIÓN DE BICICLETAS PARA COMPATIBILIZALA CO TRANSITO DE PERSOAS
O BNG-AA propón a creación dun carril bici no paseo do Rato
“Moitas persoas demandan que se defina cal é a zona para camiñar e outra para as bicicletas” sinalou Arroxo
Lugo, 24 de maio de 2018. Rubén Arroxo apostou por mellorar a convivencia entre as persoas que van camiñar e os usuarios da bicicleta” no paseo do Rato. O BNG propón que o concello chegue a un acordo coa a Deputación para a creación dun carril bici que contribúa a mellorar o transito neste pulmón verde da cidade. “Moitas persoas demanda que se defina cal é a zona para camiñar e outra para as bicicletas” sinalou Arroxo e explicou que “coa chegada do bo tempo increméntase considerablemente o número de persoas que utlizan o paseo do Rato tanto en bici como para pasear ou sair a correr”.
Arroxo insistiu na necesidade de ordenar a circulación de bicicletas para compatibilizala co transito de persoas e así “facer que todas e todos disfrutemos deste espazo único para a práctica do deporte e como espazo de lecer”. O voceiro do BNG-AA indicou que “unha vez finalizada a iluminación deste paseo poderíase facer a definición dos camiños a usar por persas que van a pé e por ciclistas”.
Para o BNG-AA a creación desta zona para o transito de ciclistas debe de ser plenamente integrada na paisaxe e sostible dende o punto de vista ambiental. “O paseo do Rato debe continuar sendo un espazo de lecer nun enclave natural” dixo Rubén Arroxo que engadiu “non se trata de facer grandes obras, unicamente hai que deseñar un vial para as bicicletas que mellore a convivencia entre as persoas que se achegan ao paseo do Rato”.
Neste momento os camiños que están definidos no paseo do Rato non permite, por exemplo, que pase un ciclista cando 2 ou 3 persoas van camiñando. A proposta do BNG-AA contempla o aproveitamento de ámbalas dúas marxes do río para crear esta ruta para cilistas podendo conectar os camiños con pequenas pontes de madeira como as que xa existen.