PARA O BNG “HAI QUE ACOMETER ACTUACIÓNS INTEGRAIS NAS DIFERENTES ZONAS DA CIDADE E ISTO É ALGO QUE O GOBERNO NIN SABE, NIN QUERE FACER”

O BNG propón melloras na pza. Conde Fontao aproveitando a creación do aparcadoiro

Estación1

“A creación dun aparcadoiro ten que ir acompañada de actuacións de mellora nesta praza que se atopa en moi mal estado” dixo Arroxo

O BNG propón melloras na pza. Conde Fontao aproveitando a creación do aparcadoiro

Lugo, 10 de agosto 2018. O BNG propón que, aproveitando a creación do aparcadoiro disuasorio na zona da Estación de Ferrocarril, se apliquen solucións para a praza de Conde Fontao. Para o BNG está praza, situada fronte á Estación do Ferrocarril, é un dos puntos da cidade que ten unha máis deficiente ordenación do tráfico ademais dos problemas estéticos e de limpeza da zona. “A creación dun aparcadoiro ten que ir acompañada de actuacións de mellora nesta praza que se atopa en moi mal estado” dixo Arroxo.

O voceiro do BNG, Rubén Arroxo, sinalou unha serie de deficiencias que compre correxir o antes posible nesta praza que é a porta de entrada para moitas persoas que chegan a Lugo por estrada o ferrocarril. Ademais, Arroxo, referiuse ao transito de vehículos nesta praza e lembrou que “existe unha falsa rotonda na que non se sabe quen ten preferencia e un paso de peóns sobre esa falsa rotonda”. Arroxo dixo que é necesario incrementar a seguridade para a circulación de vehículos e persoas.

“Compre adecentar as beirarrúas na praza Conde de Fontao, en fronte da estación do ferrocarril e hai que acometer actuacións integrais nas diferentes zonas da cidade e isto é algo que o goberno nin sabe, nin quere facer” dixo Arroxo . Ademais os nacionalistas tamén pedirán que se controlen os predios que permanecen abertos e que provocan a invasión da beirarrúa pola vexetación expontánea “o concello debe unha solución aos solares que acumulan lixo e maleza e que deben ser limpados polos seus propietarios” dixo Arroxo.

Para o BNG-AA “non se pode manter nese estado a beirarrúa no estado actual nin esperar por outras obras maiores”. O concello debe de arranxar esta beirrúa por que “o estado das beirarrúas e a invasión de vexetación procedente de edificios ruinosos e predios baleiros supoñen un perigo para as persoas que transitan pola zona”. “Ademais o mal estado no que se atopa esta zona é a primeira imaxe que reciben de Lugo todas as persoas” afirmou Rubén Arroxo.

Uso social dos terreos baleiros

Dende o BNG apuntouse a posibilidade de que o goberno municipal acorde, cos propietarios do terreos baleiros que está, fronte a estación do ferrocarril, un uso social que podería ser de aparcadoiro público gratuíto ou algún tipo de instalación de ocio infantil ou xuvenil.

O BNG propón melloras na pza. Conde Fontao aproveitando a creación do aparcadoiro