“PROPOÑEMOS QUE SE VAIAN UTILIZANDO CARTOS DOS REMANENTES PARA ACOMETER ESTA CUESTIÓN QUE EN CASOS, COMO O TAPÓN DA AV. DA CORUÑA PROVOCAN PROTESTAS VECIÑAIS” DIXO ARROXO

O BNG propón un plan plurianual para a eliminación de tapóns urbanísticos na cidade

IMG_0754

Rubén Arroxo dixo que “a falta de xestión do goberno municipal vai engordando a partida de remanentes e debemos buscar un uso que beneficie aos veciños e veciñas”

O BNG propón un plan plurianual para a eliminación de tapóns urbanísticos na cidade

Lugo, 18 de xaneiro 2017. O voceiro do BNG – AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, presentou unha iniciativa que levarán ao pleno do concello de Lugo. Arroxo cifrou nunha decena de puntos da cidade os tapóns nos que se debería actuar. “Sabemos que esto non se pode solucionar nun ano, nin dous, pero canto antes se comece a traballar antes se dará a solución” dixo Rubén Arroxo. “Propoñemos que se vaian utilizando cartos dos remanentes para acometer esta cuestión que en casos, como o tapón da Av. da Coruña provocan protestas veciñais” dixo Arroxo.

 

Rubén Arroxo comezar este plan plurianual aproveitando o feito de que se lle encargara á empresa pública EVISLUSA un estudo para a eliminación do tapón urbanístico situado entre os números 362 e 372 da av. da Coruña. Arroxo sinalou que “a cidade de Lugo conserva, aínda, varios tapóns urbanísticos nas súas rúas e algúns deles supoñen importantes problemas e teñen sido denunciados en numerosas ocasións pola veciñanza e por colectivos que apostan pola súa eliminación” e engadiu que “na maior parte dos casos a eliminación destes tapóns urbanísticos pasa pola vontade negociadora do concello e da propiedade e tamén pola correspondente contraprestación económica”.

 

Rubén Arroxo dixo que “a falta de xestión do goberno municipal vai engordando a partida de remanentes e debemos buscar un uso que beneficie aos veciños e veciñas”. Con parte dos fondos que se van acumulando nestes remanentes poderían levarse a cabo actuacións para avanzar na eliminación dos tapóns urbanísticos que dificultan a vida de moitas veciñas e veciños desta cidade. Resulta evidente que é practicamente imposible eliminar todos os tapóns urbanísticos que a día de hoxe aínda existen tanto pola complexidade administrativa como pola carga económica que pode supoñer para o concello. En calquera caso, dende o BNG-AA, entendemos que todas e todos coincidimos na necesidade de afrontar este asunto sen máis demora para que no menor tempo posible se eliminen.

O voceiro do BNG – AA no concello de Lugo situou os puntos nos que se atopan algúns dos tapóns urbanísticos na rúa dona Urraca, no barrio de Recatelo, no carril das Hortas, na rúa Orquídea, no camiño de Pipín, na rúa San Froilán, na rúa Juana la Loca, na rúa S. Xillao, e na entrada en Galegos.

O BNG propón un plan plurianual para a eliminación de tapóns urbanísticos na cidade