A EDIL DO BNG-AA LEMBROU QUE “EN DECEMBRO DE 2015 APROBOUSE UNHA MOCIÓN PARA INICIAR O PROCESO DE REMUNICIPALIZACIÓN DO SERVIZO, PERO O GOBERNO NON FIXO NADA”

“O contrato de limpeza e recollida do lixo remata en marzo” advertiu Ferreiro tras a comisión de hoxe

IMG_1885

“Se o contrato con URBASER non se renova, este goberno sumará 6 millóns de euros máis aos 10,2 millóns que xa paga con reparo da intervención” dixo Maite Ferreiro

“O contrato de limpeza e recollida do lixo remata en marzo” advertiu Ferreiro tras a comisión de hoxe

Lugo, 27 de xaneiro 2016. A edil do BNG-AA no concello de Lugo, Maite Ferreiro, urxiu a necesidade de que o goberno municipal inicie os trámites para remunicipalización do servizo de limpeza e recollida do lixo no concello de Lugo. Ferreiro lembrou que no pleno da corporación municipal de decembro de 2015 aprobouse, por unanimidade, unha proposta do BNG-AA para pedir que se inicien os trámites para executar a municipalización do servizo público de limpeza viaria, recollida de residuos e transporte para o seu tratamento.

“Se o contrato con URBASER non se renova, este goberno sumará 6 millóns de euros máis aos 10,2 millóns que xa paga con reparo da intervención” dixo Maite Ferreiro. “Aumentar o número de servizos sen contrato e incrementar a cantidade de facturas pagadas con reparo da intervención podería supoñer un delito de prevaricación no caso de facerse de xeito reiterado” advertiu a edil do BNG – AA no concello de Lugo. Maite Ferreiro fixo estas valoración despois da celebración da comisión de seguimento do cumprimento de acordos plenarios celebrada hoxe “dentro dos acordos plenarios incumpridos está o de remunicipalización do servizo de limpeza e recollida do lixo”.

Maite Ferreiro lembrou que o 31 de marzo de marzo de 2017 finaliza o contrato de concesión dos servizo de limpeza viaria, recollida de residuos e transporte para o seu tratamento. Explicou que “a falta de 2 meses para que este contrato remate aínda non hai novas de cal vai ser a solución adoptada para cubrir este servizo” e sinalou que “entendemos, que máis que nunca, se debe tomar a iniciativa para impulsar este proceso de municipalización do servizo aínda que despois se poida decidir cal vai ser o sistema de xestión, logo haberá que apostar por unha xestión directa ou indirecta segundo resulte máis vantaxoso en canto á eficiencia e á avaliación económica”.

Na actualidade o servizo público de limpeza viaria, recollida de residuos e transporte para o seu tratamento está en réxime de concesión. Esto implica que a capacidade legal de actuación do concello sobre a empresa é limitada durante un imporatante número de anos. Existen outros modelos, como é o caso do mantemento de xardíns, no que a empresa ten un contrato de prestación de servizo co concello de Lugo e é o concello que ten capacidade para tomar decisións sobre o traballo que desenvolve a empresa contratada.

“O contrato de limpeza e recollida do lixo remata en marzo” advertiu Ferreiro tras a comisión de hoxe