RUBÉN ARROXO PREGUNTARÁ POR ESCRITO SOBRE A REDUCIÓN DE EFECTIVOS NO PERSOAL DE LIMPEZA QUE DEPENDE DE EMPRESAS EXTERNAS

O BNG-AA pregunta pola falta de limpeza nas piscinas municipais

IMG_2100

“Chegáronnos queixas de varias persoas que son usuarias habituais e advertiron unha importante merma no número de limpezas nos vestiarios” dixo Maite Ferreiro

O BNG-AA pregunta pola falta de limpeza nas piscinas municipais

Lugo, 30 de xaneiro 2016. O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, presentou unha serie de preguntas relacionadas coas deficiencias, en canto á limpeza, que denuncian persoas usuarias das piscinas municipais. Arroxo sinalou que “nas últimas datas estamos a recibir queixas veciñais pola situación das piscinas de Frigsa, en concreto pola situación de suciedade nos vestiarios”. Ademais das queixas pola limpeza tamén existen deficiencias no mantemento das instalacións como os peches das taquillas e no mobiliario dos vestiarios.

Segundo a información da que dispón o BNG-AA “o persoal destinado á limpeza da instalación reduciuse de 7 persoas a 3, coa correspondente diminución de número de limpezas por día”. Ademais existe algunha queixa dado que nalgún sábado pola mañá non se permitiu a entrada a persoas usuarias, e co seu bono pagado, por estar un vaso da piscina completamente ocupado, e malia estar o outro baleiro, non existía socorrista para atendelo.

Os nacionalistas reclamáronlle ao goberno información por esctiro para saber se, efectivamente, houbo unha diminución no número de efectivos no persoal de limpeza e, tamén, para comprobar xe se viu reducido o número de limpezas diarias dos vestiarios. Arroxo explicou “queremos saber se existe un seguimento á empresa de limpeza para esixirlle o cumprimento do contrato e un estado adecuado da instalación”.

Outras das queixas recibidas polo BNG-AA foi relacionada coa infrautilización da instalación debido á carencia de socorristas para atender os dous vasos da piscina. Por iso dende o BNG – AA preguntan, ao goberno municipal, con cantos socorristas se conta para os sábados e como se distribúen as quendas de traballo para atender a instalación e a demanda de persoas usuarias. Tamén se demanda información sobre a o coñecemento do goberno municipal de que non se permitiu entrar a persoas usuarias e con bono pagado os sábados, malia estar un vaso sen persoas usuarias, argumentando que había falta de socorristas.

O BNG-AA pregunta pola falta de limpeza nas piscinas municipais