“CONTINUAMOS COA CAMPAÑA DO CARPA-BUS RECOLLENDO PROPOSTAS A PÉ DE RÚA, UNHA DELAS É A DE CREAR UNHA PUNTO LANZADEIRA DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA” DIXO ARROXO

O BNG proporá trasladar a parada de bus de diante de sindicatos a explanada da Xunta

IMG_3107

Rubén Arroxo afirmou que “as conexións co HULA dende os diferentes barrios, a puntualidade e a información nos paneis, é o que máis se reitera”

O BNG proporá trasladar a parada de bus de diante de sindicatos a explanada da Xunta

Lugo, 17 de xaneiro 2018. O BNG continúa coa campaña do “Carpa-bus” dende a cal están a recoller propostas por diferentes puntos da cidade de cara a coñecer en pé de rúa as inquedanzas da veciñanza de Lugo a respecto das liñas de bus urbano. O portavoz municipal, Rubén Arroxo, explicou que o BNG proporá que se estudie a posibilidade de trasladar a parada de bus de diante de sindicatos a explanada da Xunta “xa foron varias as persoas que nos apuntaron esta idea, xa que se podería facer unha zona cuberta con marquesiñas na gran explanada que hai diante do edificio da Xunta para que os usuarios e usuarias puideran esperar comodamente neste punto que se convertería nunha especie de mini-estación lanzadeira para enlazar as diferentes liñas”. Neste momento a parada que está diante do edificio de sindicatos non ten o espazo axeitado para todas as persoas que esperan polos diferentes autobuses que pasan por alí.

Arroxo, acompañado de militantes e simpatizantes do BNG, explicou que pensan seguir durante varias semanas con esta campaña xa que está a ter unha boa acollida cunha participación considerable. Nesta liña o propio concelleiro lembrou que o goberno municipal se comprometera a ter actualizadas as liñas de bus antes de xuño do ano pasado e polo de agora non houbo modificacións “o goberno municipal non só incumpriu cos prazos nas modificacións de liñas de bus urbano, senón que tamén incumpriu dous acordos plenarios levados polo BNG en setembro e decembro de cara a que nos reúna a todos os grupos para debater sobre o modelo de transporte público” afirmou Rubén Arroxo

As maiores inquedanzas que atopan entre as propostas que deixou a veciñanza no “Carpa-bus” foron as malas conexións co HULA dende os diversos barrios, a falta de puntualidade dalgunhas liñas, a falta de información nos paneis, ou a escasa frecuencia. Neste último punto en canto a frecuencia, dende o BNG entenden que se debería unir a zona norte coa zona sur cada 15 minutos, de cara a conseguir que a xente que colla un bus saiba que en poucos minutos poderá coller outro para regresar. “Lugo ten un casco urbano que mide 5km no eixo norte-sur e 1,5km no eixo leste-oeste, polo que no noso proxecto de transporte entendemos que o primordial é comunicar o norte sur con frecuencias cada 15 minutos, unir o HULA cos barrios e dar maior servizo á zona rural” explicou o voceiro nacionalista

Dende o BNG tamén lembran a necesidade de poñer en funcionamento a aplicación informática e a APP para calcular os tempos e percorridos nos buses, medida que para o grupo nacionalista sería moi positiva de cara a incentivar á poboación máis nova a usar o transporte público. Tamén cómpre instalar máis paneis dixitais nas paradas e que funcionen.

O BNG proporá trasladar a parada de bus de diante de sindicatos a explanada da Xunta