O DOCUMENTO  ACORDADO RESALTA, DE ENTRE OS OBXECTIVOS, IMPULSAR A MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA COA “PEONALIZACIÓN DENTRO DA CIDADE” E A PROMOCIÓN DO “USO DA BICICLETA”

BNG e PSOE asinan o acordo programático para levar a cabo o goberno no concello de Lugo

IMG_1526

Un acordo programático para levar a cabo 13 concelleiros e concelleiras, cada un coas súas distintas responsabilidades, pero un único goberno cunha única finalidade: facer que Lugo funcione

BNG e PSOE asinan o acordo programático para levar a cabo o goberno no concello de Lugo

Lugo, 14 de xuño de  2019. Lara Méndez e Rubén Arroxo, asinaban o acordo programático que pechaban na tarde de onte, despois dunha semana chea de reunións. Vinte anos despois do último goberno en bipartito no Concello de Lugo, mañá entrará en vigor un novo, formado, como en 1999, polo PSOE e o BNG. 

Rubén Arroxo e Lara Méndez, daban conta das distintas actuacións que motivaron o traballo de posta en común dos programas, e que será a base “do novo goberno que entrará en vigor mañá”. “Un acordo programático que levaremos a cabo 13 concelleiros e concelleiras, cada un coas súas distintas responsabilidades, pero un único goberno cunha única finalidade: o mellor para a cidade de Lugo”, destacaba a rexedora que resaltou a “tónica de entendemento” que houbo en todo momento.

O documento  acordado resalta, de entre os obxectivos, impulsar unha “política de colaboración” co resto de administracións, aumentar as cláusulas sociais, reivindicar a construcción dun novo centro de saúde no Sagrado Corazón así como “o cumprimento dos proxecto de dotación de servizos sociosanitarios no barrio da Residencia”, manter Lugo como municipio de referencia feminista, adaptar a normativa urbanística coa modificación do PXOM, derribar o Garañón, mellora da seguridade viaria coa “peonalización dentro da cidade” e a promoción do “uso da bicicleta” ou potenciar sectores produtivos.

BNG e PSOE asinan o acordo programático para levar a cabo o goberno no concello de Lugo