MAITE FERREIRO ASUMIRÁ CULTURA, TURISMO E PROMOCIÓN DA LINGUA; CRISTINA LÓPEZ LEVARÁ A ÁREA DE PARTICIPACIÓN E SERVIZOS PARA A VECIÑANZA E FELIPE RIVAS DIRIXIRÁ EDUCACIÓN E DIFUSIÓN DO COÑECEMENTO
Rubén Arroxo presentou as competencias de goberno que asumirán as concelleiras e concelleiros do BNG
Arroxo dirixirá a macro-área de Vice-alcaldía e Mobilidade, na que Alexandre Penas será Concelleiro de Delegado de Infraestruturas
Lugo, 18 de xuño de 2019. O Grupo Municipal do BNG presentou, ante os medios de comunicación, as competencias de goberno que asumirán as concelleiras e concelleiros electos do BNG. Ediles do BNG asumirán tres das sete tenencias de alcaldía e terán presenza, neste número, na Xunta de Goberno Local. Arroxo dirixirá a macro-área de Vice-alcaldía, Infraestruturas e Mobilidade, na que Alexandre Penas será Concelleiro de Delegado de Infraestruturas. Maite Ferreiro asumirá Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.
Cristina López levará a Área de Participación e Servizos para a Veciñanza e Felipe Rivas dirixirá Educación e Difusión do Coñecemento. Dende o BNG apostouse por renomear algunha das áreas “para adaptar estes nomes aos obxectivos de goberno para estes catro anos”. Sen entrar en detalle, Arroxo deu conta das competencias e servizos que corresponden a cada unha destas áreas que gobernará o BNG no concello de Lugo.
Na rolda de prensa compareceron as cinco persoas que acadaron acta de concelleir@ no concello de Lugo como froito dos resultados das pasadas eleccións municipais. Rubén Arroxo destacou que “o deseño para o goberno destas áreas ten como obxectivo o traballo con interconexión” e sinalou que “se trata dun proxecto conxunto co partido socialista, pero no que as área”. Arroxo avanzou que dende as áreas do BNG se vai traballar “para facer un cogoberno o máis eficiente posible no que a prioridade sexa resolver os problemas da cidade e das veciñas e veciños”.
Arroxo sinalou que a “interconexión entre as áreas nas que terá resposabilidade e goberno o BNG será fundamental para avanzar nun modelo sostible das penalizacións, nun cambio de concepto na mobilidade, proxecto real para esta cidade”.
ÁREA DE CULTURA, TURISMO, E PROMOCIÓN DA LINGUA
Na que se integrarán os servizos e actividades municipais relativos ás seguintes materias:
- convenio Lugo Cultural;
- actividades e instalacións e equipamentos culturais;
- festas (agás o Arde Lucus e o Caudal Fest)
- bibliotecas;
- museos e salas de exposicións;
- turismo e promoción da cidade;
- banda e escola municipal de música
- casa da música;
- casas das linguas;
ÁREA DE PARTICIPACIÓN E SERVIZOS PARA A VECIÑANZA
- orzamentos participativos;
- defensa de usuarias/os e consumidoras/es;
- atención á saúde;
- sanidade e protección da salubridade pública;
- funcionalmente, transporte público e tarxeta cidadá;
- estatística e padrón municipal;
- cemiterio e servizos funerarios;
- taboleiro de edictos;
- abastos, feiras, mercados e venda ambulante e
- así como todos aqueles que, especificamente, non se integren nas anteriores áreas, sen prexuízo de que, polas súas características, teñan algunha vinculación coas materias, servizos ou actividades asignadas a estas.
ÁREA DE VICE-ALCALDÍA, MOBILIDADE E INFRAESTRUTURAS
Na que se integrarán os servizos e actividades municipais relativos ás seguintes materias:
- proxectos de obras ordinarias en vías públicas do contorno urbano;
- obras locais do contorno urbano;
- vías públicas e infraestruturas municipais do contorno urbano (iluminación pública e redes de auga potable);
- reparación, conservación, mantemento e limpeza das infraestruturas e bens municipais no contorno urbano;
- ordenación do tráfico
ÁREA DE EDUCACIÓN e DIFUSIÓN DO COÑECEMENTO
Na que se integrarán os servizos e actividades municipais relativos ás seguintes materias:
- educación, centros docentes e equipamentos educativos;
- garderías infantís
- educación viaria (Parque Infantil de Tráfico)