O BNG realiza unha ofrenda floral ante estatua de Castelao concidindo co 73 aniversario do seu falecemento
A ofrenda correu a cargo do portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e fíxose ante a estatua de Daniel R Castelao situada na rúa da Raiña de Lugo
Arroxo: "quixemos lembrar un acontecemento importante na historia do noso país"
Lugo, 07 de xaneiro de 2023. O Grupo Municipal do BNG realizou un acto de lembranza no 7 de xaneiro, aniversario do pasamento de Daniel R Castelao , xunto á estatua de Castelao, un dos asistentes á asemblea do 18. O candidato do BNG e Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, foi o encargado de realizar a ofrenda floral coa que o BNG quixo lembrar esta data.
"Queremos facer esta lembranza simbólica para lembrar un acontecemento importante na historia do noso páis", afirmou Rubén Arroxo, que destacou que "a estatua de Castelo está situada diante do hotel no que se celebrou a Asemblea Nacionalista na nosa cidade hai máis de 100 anos e que foi o punto de partida para o nacionalismo galego contemporáneo".
A I Asemblea Nacionalista, celebrada en Lugo o 17 e 18 de novembro de 1918, contou coa presenza de autores destacados do nacionalismo galego, como Castelao, Ramón Cabanillas, os irmáns Vilar Ponte e o lucense Lois Peña Novo.
Na Asemblea de Lugo do 1918 asinouse o manifesto que serviu de base para os programas do nacionalismo galego. No mesmo defínese a Galiza como nación, e afírmase que "son chegados os tempos de erguer a alma e o pensamento de Galiza, e, sobre todo, a súa soberanía completa e sen cativeces".