Rubén Arroxo visitou o barrio da Cheda para supervisar as obras feitas e as que aínda son precisas
O Tenente Alcalde estivo acompañado da concelleira de Participación, Cristina López, e do concelleiro de Educacion, Felipe Rivas
Arroxo explicou que "hai obras pendentes e o Concello xa acometeu o arranxo integral da rúa Pousadela ata a ronda do Carme, o pintado da sinalización horizontal, o asfaltado da rúa Río Sar e outras actuacións neste barrio"
Lugo, 4 de xaneiro de 2023. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado da concelleira de Participación, Cristina López, e do concelleiro de Educacion, Felipe Rivas, visitaron o barrio da Cheda onde o Concello xa realizou diferentes actuacións, Arroxo explicou que "hai obras pendentes e o Concello xa acometeu o arranxo integral da rúa Pousadela ata a ronda do Carme, o pintado da sinalización horizontal, o asfaltado da rúa Río Sar e outras actuacións neste barrio". As intervencións neste barrio complementan outras obras feitas en diversos barrios da cidade como Albeiros, As Gandaras, Castelo, etc...
Rubén Arroxo fixo fincapé no arranxo recente de infraestruturas, elementos de sinalización e instalación de mobiliario urbano e engadiu "hai obras necesarias para o barrio xa están licitadas e adxudicadas e que en breve se escutarán". Arroxo evidenciou que as obras se executarán dende a Área de Infraestruturas que depende da Tenencia de Alcaldía e que son reclamadas por todo o vecindario. Rubén Arroxo e Cristina López aproveitaron a visita para falar con veciños e veciñas do barrio.