PARA O BNG “AS DIFERENTES ADMINISTRACIÓNS DEBERÍAN DE COORDINARSE PARA ACOMETER ESTE TRABALLO TAN NECESARIO”

O BNG reclama o acondicionamento das rotondas “para garantir a visibilidade”

IMG_5911

“Moitas delas, neste momento, supoñen un perigo para a circulación pola falta de visibilidade, como o caso da de Paradai” dixo Rubén Arroxo

O BNG reclama o acondicionamento das rotondas “para garantir a visibilidade”

Lugo, 18 de xullo 2018. Rubén Arroxo, voceiro do BNG no Concello de Lugo,  reclamou o acondicionamento das rotondas no termo municipal. Arroxo puxo como exemplo, pola cantidade de maleza existente, a rotonda de Paradai “igual que esta hai varias no concello de Lugo, e dependendo da titularidade vía están máis ou menos coidadas” e engadiu “o perigo que producen para o tráfico é independente das competencias que teñen as administracións e as veciñas e veciños necesitan solucións e non debates sobre titularidade”.

Para o BNG “as diferentes administracións deberían de coordinarse para acometer este traballo tan necesario”. En relación ás rotondas “moitas delas, neste momento, supoñen un perigo para a circulación pola falta de visibilidade, como o caso da de Paradai” dixo Rubén Arroxo. O BNG trasladaralle ao goberno municipal esta solicitude que é demanda de moitos veciños e veciñas.

O BNG reclama o acondicionamento das rotondas “para garantir a visibilidade”