MÚSICA, ROTEIROS EN BICI, ANDAINAS CULTURAIS E UNHA FOLIADA ENCHERÁN ESTA SEGUNDA EDICIÓN DA SEMANA DA PATRIA QUE PROGRAMA, EN LUGO, A ORGANIZACIÓN XUVENIL DO BNG

Bicicletada de Galiza Nova na Semana da Patria en Lugo

IMG_5929

“Apostamos pola bicicleta como medio de transporte e gustamos de facer campañas sostibles” afirmou Alexandre Espiño

Bicicletada de Galiza Nova na Semana da Patria en Lugo

Lugo, 18 de xullo 2018. Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, percorreu as rúas da cidade cunha caravana de bicicletas para anunciar os actos do 25 de xullo. Este é un dos actos que se enmarca nas xornadas programados pola formación, en diferentes vilas e cidades, neste mes no que se celebra o 25 de xullo. “Apostamos pola bicicleta como medio de transporte e gustamos de facer campañas sostibles” afirmou Alexandre Espiño.

Os actos iniciáronse, o luns, cun acto simbólico de apertura no que se despregou da Bandeira da Patría na Ponte Romana e ao que asistiron militantes e simpatizantes de Galiza Nova. Para o xoves 19 de xullo está organizado un roteiro pola cidade de Lugo no voceiro municipal do BNG, Rubén Arroxo, sinalará aqueles lugares nos que persoeiros e organizacións relacionadas co nacionalismo tiveron presenza na ciade de Lugo. Os actos pecharánse o venres 20 de xullo cunha Foliada pola Patria que se celebrará na Praza do Campo.

 O voceiro de Galiza Nova, Alexandre Espiño, fixo un chamamento a participar masivamente na celebración do Día da Patria, que se conmemora este ano baixo o lema Sumar por Galiza, precisamente como referencia expresa a unir a todas as persoas que confían no potencial do país para construír un futuro mellor. Este ano enmárcase na campaña do 30 aniversario de Galiza Nova ’30 anos de loitas’ así como no 50 aniversario da recuperación do Día da Patria.

Bicicletada de Galiza Nova na Semana da Patria en Lugo