PARA O BNG “AS DIFERENTES ADMINISTRACIÓNS DEBERÍAN DE COORDINARSE PARA ACOMETER ESTE TRABALLO TAN NECESARIO”
Rubén Arroxo fixo un obradoiro de elaboración de trampas caseiras para Vespa Velutina
“É importante que a xente diferencie entre as Velutinas e as autóctonas e que se coloquen trampas en balcóns e xardíns” dixo Arroxo
Lugo, 19 de xullo 2018. Diante do edificio do concello de Lugo, o voceiro do BNG, realizou esta mañá un obradoiro de construcción de trampas para Velutinas. Ante a preocupación social existente e a inacción dos gobernos da Xunta e do Concello de Lugo, o BNG está a facer un traballo de información e difusión para axudar a diferenciar as Vespas Velutinas das especies autóctonas. Rubén Arroxo explicou públicamente a diferencia entre os diferentes tipos de himenópteros e construíu unha trampa caseira que se pode instalar en balcóns ou xardíns.
Ademais de matizar a diferencia entre os tipos de avespas e ensinar distintos modelos de trampas caseiras, Rubén Arroxo informou sobre os liquidos que se poden utilizar para atraer ás Velutinas ao interior das trampas. Arroxo insistiu na necesidade de que “as institucións, Xunta e Concellos, traballen coordinadamente e inicien plans de prevención ademais de informar á poboación sobre este problema que é serio e vai en aumento”.
Arroxo lembrou que o pleno do concello aprobou unha iniciativa do BNG no ano 2016 para que se adoptasen as medidas precisas para o control da Velutina no termo municipal. Para Arroxo “trátase dun problema que se da en todo o país e se non se toman medidas vaise converter nun grave problema para a apicultura, a agricultura e as propias persoas”.
O BNG propón, unha vez máis, que no Concello e Xunta implanten sistemas de actuación para frear a plaga. Rubén Arroxo concretou a necesidade de instalar trampas en espazos públicos e animar ás veciñas e veciños a colocar trampas en terraza se xardín se explicou que “cada raiña que se captura é un enxamio menos e así irase frezando o avance desta especie invasora”.
Líquido para as trampas - Opcións caseiras. Hai distintas receitas:
-Auga quente (1 litro) máis medio litro de mel e unha culler sopeira de vinagre e dúas culleres sopeiras de alcohol.
-Un vaso de cervexa negra máis un vaso de viño branco e unha culler de postre de mel ou azucre.
-Tamén se poden empregar como líquido atraente cadros vellos de cera quentados en auga ou auga de derreter cera.
-Outra opción sería un vaso de viño branco máis unha cullerada de sirope de arando